Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio afirma que tres semanas foron suficientes para demostrar as mentiras do tripartito

     

    • Os populares informan que o tripartito volverá a facer unha modificación presupuestaria para incrementar a partida económica de emerxencia social tal e como lles solicitou o PP de Poio no último Pleno e no que os 3 Alcaldes negaron a necesidade de incrementar esta partida económica.
    • «Os 3 grupos que forman o goberno afirmaron no último pleno que a partida destinada a emerxencia social era suficiente e nos insistimos en que non o era: 3 semanas bastaron para demostrar que tiñamos razón», indica Moldes.
    • «En menos de 1 mes quedou demostrado quen mentía y quen dicía a verdade», indica o portavoz popular Ángel Moldes.
    • Os populares denuncian que o Tripartito segue a utilizar os cartos que ían ir destinados a festas e que non se van celebrar para resolver os problemas internos e débedas do tripartito e non para resolver os problemas prioritarios da veciñanza de Poio.
    • «Deberían pedir desculpas aos veciños e veciñas de Poio por mentir de xeito tan descarado no último pleno», conclúe Moldes.
    • «Desde o PP e ante a incerteza que nos deparan os próximos meses seguimos mantendo que a partida é insuficiente e como xa anunciamos no inicio do curso político o primeiro para nós son as persoas», conclúe Moldes.

     

    14 de setembro de 2020. Os populares informan que o tripartito volverá a facer unha modificación presupuestaria para incrementar a partida económica de emerxencia social tal e como lles solicitou o PP de Poio no último Pleno e no que os 3 Alcaldes negaron a necesidade de incrementar esta partida económica.

    «Os 3 grupos que forman o goberno afirmaron no último pleno que a partida destinada a emerxencia social era suficiente e nos insistimos en que non o era: 3 semanas bastaron para demostrar que tiñamos razón», indica Moldes.

    «En menos de 1 mes quedou demostrado quen mentía y quen dicía a verdade», indica o portavoz popular Ángel Moldes.

    Moldes destacou que, no último Pleno celebrado en Poio, dos 73.000 euros desviados polo Tripartito ao non celebrarse festas, só 6.700€ foron realmente a servizos sociais, mentres que máis do 90% ían para outros fins, como 11.000€ a lombos.

    «No último Pleno lle advertimos ao goberno local que de una modificación de crédito de 73.000€ destinar unicamente 6.700€ a emerxencia social non era suficiente e lles solicitamos que utilizasen todos os cartos non utilizados para festas na Concellería de Benestar Social».

    «O tempo por desgracia volve a dar la razón ao PP, os 3 partidos que forman o goberno non fixeron caso cando foron advertidos de que era insuficiente e rexeitaron a nosa petición de incrementar a partida presupuestaria da emerxencia social debido o CODID-19: 3 semanas despois vense obrigados a realizar unha nova modificación de crédito para incrementar a partida de emerxencia social en 12.000€».

    Os populares denuncian que o Tripartito segue a utilizar os cartos que ían ir destinados a festas e que non se van celebrar para resolver os problemas internos e débedas do tripartito e non para resolver os problemas prioritarios da veciñanza de Poio.

    «Deberían pedir desculpas aos veciños e veciñas de Poio por mentir de xeito tan descarado no último pleno», conclúe Moldes.

    Os populares avisan que esta modificación que van facer por importe de 12.000€ non vai ser a última xa que a realidade é que hai moitas familias de Poio que están a demandar axudas de emerxencia social.

    «Desde o PP e ante a incerteza que nos deparan os próximos meses seguimos mantendo que a partida é insuficiente e como xa anunciamos no inicio do curso político o primeiro para nós son as persoas», conclúe Moldes.