Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Cubela lamenta que nin PSOE nin BNG se poñan de lado dos concellos para reclamar ao Goberno que libere os remanentes das entidades locais e entregue o fondo de 5 mil millóns de euros sen limitacións

    • Destacou que onte no Congreso gañaron os alcaldes e alcaldesas, foi unha vitoria de todo o municipalismo, ante a incautación que o Goberno central quería facer dos máis de 15 mil millóns de euros da caixa dos aforros dos concellos.
    • Por iso, insistiu en que hoxe más que nunca a Deputación tíñase que posicionar a favor das entidades locais, e por iso o voceiro do grupo provincial do PP lamentou que nin PSOE nin BNG se poñan de lado dos concellos para reclamar que as entidades locais poidan utilizar o 100% do seus remanentes, e que entreguen o fondo de 5 mil millóns de euros a todos os concellos, sen discriminacións nin limitacións.
    • “Este real decreto atentaba contra a autonomía local e financeira dos concellos, e por iso solicitamos a dimisión de Abel Caballero como presidente da FEMP, porque antepuxo os intereses do seu partido á defensa dos municipios”, e recordou que alcaldes de múltiples formacións políticas se manifestaron e asinaron un pacto contra esta incautación.
    • Sobre a Lei Montoro, Cubela recordou que se pode cambiar cunha votación no Congreso.
    • Cubela cuestionou que os socialistas desta provincia non defendan os aforros dos seus concellos, mentres reclaman á Xunta fondos para axudar na limpeza dos colexios, que é competencia municipal.
    • “Respectamos a interpretación da Lei que fai o secretario da Deputación, pero tamén tomamos como referencia outros informes técnicos”.
    • “Non esperamos que a Deputación de Pontevedra tome exemplo doutras deputacións socialistas como a de Cuenca, Toledo ou Guadalajara, que aprobaron axudas específicas para colaborar cos concellos na limpeza dos colexios, pero como mínimo hai que dicirlle que esta moción está totalmente fóra de lugar”.
    • Pediu máis colaboración da Deputación cos concellos, “a pandemia non acabou en xuño”.