Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Poio denuncia que o Tripartito cobrou máis do 200% en Plusvalías

    • O PP de Poio denuncia que o Tripartito, formado por BNG, PSOE e Avante Poio, continúa o seu particular espolio fiscal á veciñanza de Poio.
    • «En relación as Plusvalías, non é normal que no último ano os 3 Alcaldes tiveran previsto cobrar 125.000,00€ e ao final cobrasen aos veciños e ás veciñas de Poio 309.203,44€: hai unha nefasta xestión de previsión e un espolio fiscal en toda regra».
    • «É inadmisible que os 3 Alcaldes cobrasen máis do 200% das Plusvalías e é importante recordar que un tributo moi cuestionado incluso polo propio Tribunal Supremo».
    • «No noso programa electoral, apoiado amplamente pola veciñanza de Poio, o noso compromiso era e é o de suprimir as plusvalías en Poio como fixeron en Lalín, Tui, Forcarei, etc. todos eles de diferentes cores políticos. Despois de anos de espolio fiscal do Bipartito e agora do Tripartito á veciñanza de Poio, as familias de Poio merécense unha redución real do seu pago de tributos e cremos que a supresión da plusvalía sería un alivio».
    • «Os veciños de Poio, ademais de ser un dos veciños de Galicia que máis impostos paga, son os que menos servizos e investimentos municipais teñen», denuncia Pereira.

     

    Poio, 11 de setembro de 2020. O PP de Poio denuncia que o Tripartito, formado por BNG, PSOE e Avante Poio, continúa o seu particular espolio fiscal á veciñanza de Poio.

    O concelleiro popular responsable de materia económica, Sergio Pereira, denuncia que no último ano os 3 Alcaldes ingresaron o dobre na recadación de Plusvalías do previsto inicialmente: «En relación as Plusvalías, non é normal que no último ano os 3 Alcaldes tiveran previsto cobrar 125.000,00€ e ao final cobrasen aos veciños e ás veciñas de Poio 309.203,44€: hai unha nefasta xestión de previsión e un espolio fiscal en toda regra».

    «É inadmisible que os 3 Alcaldes cobrasen máis do 200% das Plusvalías e é importante recordar que un tributo moi cuestionado incluso polo propio Tribunal Supremo», recorda Pereira.

    Os populares continúan recordando que un tributo como as Plusvalías é un impuesto que os Concellos poden cobralo ou non -ao ser de carácter potestativo- e recalcan que no seu programa electoral xa levaban a supresión deste imposto tal e como fixeron noutros moitos Concellos.

    «No noso programa electoral, apoiado amplamente pola veciñanza de Poio, o noso compromiso era e é o de suprimir as plusvalías en Poio como fixeron en Lalín, Tui, Forcarei, etc. todos eles de diferentes cores políticos. Despois de anos de espolio fiscal do Bipartito e agora do Tripartito á veciñanza de Poio, as familias de Poio merécense unha redución real do seu pago de tributos e cremos que a supresión da plusvalía sería un alivio», indica Pereira.

    A política dos 3 ñAlcaldes en relación aos impostos e toda a contraria da que demandan os veciños e veciñas de Poio: «Poio, según un estudo feito por Red Localis (formado por investigadores universitarios e profesionais habilitados do mundo local) está situado na franxa máis elevada de presión fiscal de Galicia sobre os seus veciños e isto é intolerable».

    «Os veciños de Poio, ademais de ser un dos veciños de Galicia que máis impostos paga, son os que menos servizos e investimentos municipais teñen», denuncia Pereira.