Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Concello desoe a petición de reforzó de limpeza e unha semana despois segue

    Silleda, 10 de setembro de 2020.- O Partido Popular de Silleda, lamenta que o goberno non atenda as reclamacións para reforzar a limpeza e unha semana despois espazos públicos como o polígono ou as áreas de servizo do noso Concello seguen sen limpar, e estan a xerar un problema de orde público.

    A situación en puntos como o polígono estase volvendo insostible, xa que as papeleras siguen ateigada e agora as bolsas que estaban no chan xa estan abertas e os restos esparcidos polo chan. “A situación vaise agravando según pasan os días, pero non Concello semella que deben estar moi ocupados xa que nunha semana non tiveron tempo para pasar a limpar nesta zona a pesar de que o seu estado e lamentable.”

    Para o voceiro do Partido Popular esta situación amosa como traballan no Concello, “Dalles todo igual, como non hai elección cerca creen que poden facer o que queiran, vimolo durante todo o verán ca limpeza nas parroquias, pero esta situación xa chega o límite do que se pode soportar. Non lles importa a imaxe que se poda levar a xente que pasa polo polígono, nin que poda ser un foco de transmisión de enfermedades, non teñen nin a máis mínima vontade de solucionar os problemas do noso Concello, se non non se explica que unha semana despois permitan que estas zonas sigan como estan.”

    Dende as filas populares insistiron novamente na necesidad de crear unha brigada municipal de limpeza que se faga cargo da limpeza, desinfección e mantemento destas zonas públicas a fin de poder mantelas nun estado axeitado de limpeza, “Xa decíamos que o Alcalde non parece disposto a atender as nosas reclamacións, pero non imos parar hasta que se nos faga caso xa que é unha necesidad prioritaria para manter cunhas condicións mínimas de hixiene e salubridade estas zonas, e non lle vamos a permitir que imaxes como estas se volvan a repetir no noso Concello, polo ben e a seguridade de tódolos veciños.”