Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • MS-PSOE APROBAN OS ORZAMENTOS DO 2020 SIN TER EN CONTA A ACTUAL SITUACIÓN DE PANDEMIA E DESTINANDO MENOS RECURSOS A EDUCACIÓN E SERVIZOS SOCIAIS.

    • O PP de Salceda vota en contra duns orzamentos nos que MS-PSOE reducen as partidas en educación e servizos sociais.
    • Os orzamentos chegan a catro meses do remate do ano e non entrarán en vigor ata o mes de outubro.
    • O custe do bigoberno MS-Psoe segue a ser o máis alto de toda Galicia tendo en conta a poboación e o orzamento municipal. Cada salcedense debe pagar 27€ ano.

     

    08 de setembro de 2020. O xoves 27 de agosto aprobaron no pleno municipal os orzamentos do ano 2020 cos votos a favor de MS-PSOE e o voto en contra do PP de Salceda. Este voto en contra débese a que, entre outras razóns, “os orzamentos que presentou o bigoberno MS-PSOE non teñen en conta a actual situación de pandemia que vive o noso municipio e, en xeral, todo o mundo, no que cambiaron as necesidades dos veciños e tamén as súas prioridades. Os orzamentos son os que marcan a política anual, e os orzamentos deste ano son desiguais e, sen dúbida, indican que continúan coa mesma forma de gobernar de hai anos, destinando moito a publicidade, propaganda e gastos protocolarios, e pasando por alto as necesidade actuais en áreas fundamentais como educación e/ou servizos sociais” comenta Joaquin Núñez, Concelleiro popular.

    A uns días do comezo do novo curso escolar, “o bigoberno presenta uns orzamentos que destinan a área de educación, concretamente á partida de limpeza/aseos a mesma cantidade neste 2020 que no ano 2019, cando as necesidades son completamente distintas e a limpeza dos centros educativos é unha competencia municipal. Ademáis, esta partida a 30 de xuño deste ano, xa está en números vermellos en 5.700€, co agravante que minoran dita partida en 10.000€ para incorporalo o Plan Económico Financieiro, é dicir, neste momento unha partida tan necesaria e importante como limpeza/aseo dos centros educativos está en NEGATIVO EN MENOS 15.700€” afirmou o concelleiro dos populares.

    Outra das partidas que o grupo popular considera fundamental para explicar o voto en contra ós orzamentos do bigoberno MS-PSOE é a de servizos sociais. “Na área de servizos sociais, á partida do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) lle destinan a mesma cantidade neste 2020 que no ano 2019. Ademáis, existen facturas pendentes de pago do ano 2019 por un importe de 270.500€, que van a cargo do orzamento de 2020, o que implica que a cantidade dispoñible de gasto é tan só de 129.500€, que cubriría o servizo dos primeiros catro meses deste ano, polo que de maio a decembro de 2020, quen lle paga a empresa que presta o servizo? Esta é unha mostra máis da incoherencia e pouca rigurosidade dos grupos que nos gobernan en Salceda, as contas non cadran” sentencia Joaquin Núñez.

    Sen embargo, e como non podía ser menos, “o máis sorprendente nestes orzamentos é que a partida de Publicidade, Propaganda e Gastos protocolarios conta con 95.000€, dos cales 18.000€ son destinados a vídeos (algúns propagandísticos). O noso grupo, propuxo reducir en 43.000€ esta partida e destinalos a outras áreas deficitarias” sinalou Santi Davila, o voceiro popular.

    Ademáis, “os concelleiros e concelleiras de MS-PSOE que tanto falan de igualdade entre mulleres e homes acaban de propor e aprobar uns orzamentos nos que, na plantilla de persoal cobran máis os homes que as mulleres pese a pertencer o mesmo grupo. Non explicaron esta diferencia salarial e esta desigualdade económica” afirmou Santi Davila.

    En canto ás subvencións, “todas as asociacións reciben as mesmas subvencións sin ter en conta as súas necesidades, pero logo son eles os que tanto falan e alardean de consenso, cando á hora da verdade, non consensúan ás condicións económicas cos entes culturais, deportivos, veciñais…tendo as mesmas axudas económicas dos últimos 10 anos”  explicou o voceiro popular.

    O noso grupo, unha vez máis fixo unha serie de propostas ao bigoberno no que respecta ós orzamentos do ano 2020. Como fixemos público na pasada sesión plenaria, “o paquete de medidas que propomos ao goberno é, por un lado, reducir 43.000€ a partida de Publicidade, Propaganda e Gastos Protocolarios, reducir o custe do goberno –incluída a Seguridade Social– en 90.000€, unha redución, (debido a situación extraordinaria que vivimos e impedimento de celebrar as nosas festas populares Cristo, Festa dos Callos) na partida de festexos en 40.000€, e finalmente, unha reducción de 20.000€ nos gastos xurídicos, que sumarían un total de 193.000€ de redistribución que propomos se destinen a partidas deficitarias como limpeza/aseos na área de educación, servicios sociais e un Plan de Axudas a Pemes, Autónomos e empresas” destacou Santi Davila.