Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda lamenta que o Alcalde siga poñendo escusas para reunirse cos comerciantes e veciños da Rúa Progreso

    Silleda, 5 de setembro de 2020.- O Partido Popular de Silleda considera que as declaracións do Alcalde Manuel Cuíña nas que segue pospoñendo a reunión solicitada polos populares para que informe os comerciantes e veciños da Rúa Progreso do proxecto de remodelación desta rúa, deixa claro a pouca vontade que ten de informar a xente dos seus plans para esta rúa, e que así podan opinar.

    Os populares non comprenden porque hai que esperar a que se adxudique o contrato para que se empece a informar de cales son as intencións do Concello en relación con esta rúa, “Esta claro que xa hai unha idea do que se quere facer e co que xa se solicitou a subvención, ¿Ou e que van a contratar a unha empresa sen saber o que queren facer?, ¿Van a adxudicar un contrato a alguen sin saber o que lle van a contratar?, ¿Por qué razón estan buscando entón novas zonas de aparcamento?.”

    Para o voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril Pardo, as intencións do Alcalde estan claras a vista das súas declaracións, “Esta claro que coa súa decisión de retrasar o máximo a reunión o Alcalde non esta pensando nos intereses dos veciños, o único que esta intentando o Alcalde e adiar o máximo posible que os veciños teñan coñecemento do que estan a planear para esta rúa, e esto non e o mellor para os intereses dos veciños. Non hai ningunha outra razón que poda explicar que o Alcalde, tendo tempo para falar con eles e para informarlles, e para estudiar as distintas ideas que podan aportar, sin embargo prefira esperar o último momento cando xa non quede prácticamente tempo de reacción.”

    Ignacio Maril solicitoulle tamén o Alcalde que reconsidere a súa posición e convoque canto antes a reunión para empezar a traballar con tempo neste proxecto xa que o impacto que pode ter na rúa e na vila pode ser moi importante “Non pode seguir xogando cos veciños, ten que dar a cara, e ten que facelo canto antes polo ben de todos.”