Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O CONCELLO LEVA 7 MESES AMOSANDO NULO INTERÉS CARA AS NECESIDADES DAS PERSOAS DEPENDENTES E AS SUAS COIDADORAS

    O Grove, a 05 setembro de 2020. Dende o Partido Popular do Grove queremos manifestar o noso rexeitamento a como se está a xestionar a atención a dependentes e coidadoras familiares no noso concello por parte dos servizos sociais.

    Desde marzo as familias con persoas dependentes levan atendendo a esas persoas nas súas casas algunhas delas sen contar sequera co servizo de axuda ao domicilio. A situación estase facendo insostible, non só para as propias persoas dependentes que precisan de estímulos, exercicio e coidados que deberían ser impartidos por profesionais senón tamén para as coidadoras, mulleres en tódolos casos, que están sometidas a un estrés continuo e á imposibilidade absoluta de realizar calquera outra actividade - laboral ou de ocio - fóra do fogar. Sinalamos tamén que estas coidadoras son, na maioría dos casos, persoas tamén maiores a quen os traballos de coidado están afectando gravemente física e mentalmente.

    O certo é que tras rematar o confinamento seguen sen implantarse solucións ás problemáticas expostas, o proxecto Vellos Tempos vén desenrolando dende hai anos as súas actividades, e se ben entendemos a problemática actual derivada da pandemia, non é menos certo que por parte de concellos tamén con gobernos socialistas argalláronse medios para seguir prestando asistencia e coidado aos maiores; mesmo en Xullo de 2020 por parte dos usuarios achegouse ó Concello a proposta de prestar o servizo dalgunha maneira desprazándose as coidadoras ós domicilios particulares destas persoas, sen ningunha resposta ate o momento do encargado de xestionar esta área, solución en todo caso temporal que non debe servir para obviaren a xestión necesaria na área no que concerne á adaptación e apertura dos Centros no noso concello.

    Non resulta serio indicar que se ía abrir Monte da Vila o 3 de agosto, cerrando polo camiño as Baladas e obrigando a un desprazamento dos maiores que disfrutaban deste servicio con máis cercanía a súa residenza, nin que xa en vísperas de empezaren teoricamente o servizo, os usuarios encontráronse coa sorpresa de que se retrasaba a apertura ao 10 de agosto, nin tampouco que posteriormente no Pleno do Concello e á pregunta de EU o Concelleiro da área anunciase a apertura para o 13 de agosto, obviando agora a apertura de Monte da Vila e remitindo aos usuarios a Virxe das Mareas, non dando tampouco resposta clara ás peticions por parte de usuarios e coidadoras familiares de que se mantivera o servizo nas Baladas para non concentraren a toda a xente nun único espazo, cando habitualmente no Centro das Baladas hai 10 usuarios, con dúas monitoras, o que facilitaría a súa separación e poderían traballar de xeito máis individualizado con eles, considerando que, incluso de non dar as distancias e se so puidesen estar 5 usuarios poderían establecerse turnos, tendo en conta ademais que varios deles desprazábanse ao Centro a pé ao residir nos arredores, e sendo a excusa para non usar as Baladas os posibles contaxios, cando realmente e ao estar divididos entre Baladas e Virxe das Mareas, estariase falando de grupos máis reducidos e polo tanto máis controlables.

    Sorprendentemente o 13 de agosto non se produce a apertura apelando as máis variopintas excusas, dende os metros de Virxen das Mareas, a que aínda hai que solicitar permisos (lembramos que se ía abrir ese día), que ao ser unha ludoteca é un limbo legal (as Baladas funciona dende 2014 e Virxe das Mareas dende o 2015) ou que Atendo debe entrevistar ás familias (as mesmas que estaban sendo atendidas hai seis meses), entre outras, o que demostra na nosa opinión o sinsenso do tratamento da situación e o desentendemento por parte do concello das súas responsabilidades de xestión cara á situación dos dependentes e as súas coidadoras familiares.

    Cónstanos que as citas con Atendo escomenzaron o 20 de agosto, sen que se concretase inda a día de hoxe nin a data de comenzo nin o resultado da xestión das bolsas de horas destinadas a apoio a domicilio.

    Todo un despropósito no que non debemos esquecer que as obras do Monte da Vila estaban para ser rematadas en Outubro do 2019, como se lles indicou dende o concello ás usuarias xa en Septembro de 2019, posteriormente indicouselles en Febreiro de 2020 que estaban para rematar nun par de semanas e en  Setembro de 2020, un ano despois, seguen exactamente no mesmo punto.

    Os representantes dos cidadáns non podemos permanecer alleos ás reinvindicacións lexítimas destas persoas,  a xestión que se fixo non supón un trato digno cara a elas, nin os cambios de datas de apertura e as promesas e anuncios incumplidos. Aínda entendendo a problemática surxida polo Covid hai que ter en conta e realzar a formación das monitoras e os protocolos a seguir en canto á realización de probas PCR ao persoal coa suficiente antelación para comezar a traballar de inmediato, así como a responsabilidade da Administración en que todo se faga cos protocolos axeitados para tratar de evitar os contaxios.

    Gustarianos destacar e recoñecer a laboura que no duro confinamento ó que estivo sometida a poboación dende o 14 de marzo ata o 15 de xuño en Galicia desempeñaron moitas familias, proporcionando asistenza e coidados ás persoas dependentes, moitos de avanzada idade, e tendo que conciliar en moitos casos coidado e traballo, sen atención ou amparo por parte das administracións que se desentenderon das súas responsabilidades para con eles, co que iso supuxo de impacto no seu benestar e calidade de vida. Cremos que os servizos sociais fallaron aos elementos máis vulnerables da nosa sociedade: os maiores, os dependentes e as mulleres que coidan deles.

    O informe de MSF sobre os coidados nos centros recordaba esta obriga en tempos de illamento, e con máis razón nos tempos actuais: “Os responsables dos servizos sociais deben velar por que o illamiento físico non ille tamén socialmente a ningunha persoa, coidadora ou dependente. Hai que priorizar sempre a súa saúde, tanto física como mental. O confinamento non pode facerse a expensas das facultades físicas e cognitivas das persoas maiores, senón en atención a elas"

    A realidade é que as familias tralo confinamento seguen atendendo aos nosos maiores e dependentes soas, vinte e catro horas o dia, sen que se vislumbren solucións, e a pesar da situación global, isto non pode ser óbice para que por parte das administracións competentes non se aborde e se dea solución a esta problemática que afecta a moita xente da nosa vila.

    Solicitamos polo tanto que por parte do Concello se tomen en serio dunha vez este problema, teñan máis respeto polos usuarios e as coidadoras en canto as súas declaracións e promesas ata o dagora nunca cumpridas, e se tomen medidas reais para acabar coa situación de desamparo das coidadoras familiares e os seus/as súas dependentes, se convoque as forzas politicas e a sociedade civil para a elaboración dun Plan de Coidados Municipal que presente solucións como: ampliar ofertas de traballadoras a domicilio, axilización e simplificación de trámites, desprazamento a domicilio das coidadoras dos servizos sociais, xestionar “tempos de respiro” para as coidadoras familiares, implicación da sociedade civil ou creación de programas de voluntariado cando sexa posible para prestar acompañamento a estos dependentes. E outras medidas que xa foron postas de manifesto por asociacións do noso concello sen resposta, procedendo con todo elo á adaptación de Vellos Tempos á situación e necesidades actuais pola súa importancia na conciliación familiar e na situación das coidadoras familiares e os seus e súas dependentes, situacións que revisten especial gravidade e que deben ser atendidas coa maior celeridade posible e para o que brindamos ao goberno local toda a colaboración necesaria para dar solucións reais e efectivas que melloren o benestar e calidade de vida destas persoas.