Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda solicita que o Alcalde se reuna con comerciantes e veciños da Rúa Progreso

    Silleda, 3 de setembro de 2020.- O Partido Popular de Silleda, ante as novas publicadas dende o Concello, solicitoulle este mércores o Alcalde Manuel Cuíña que convoque con carácter urxente unha reunión cos comerciantes e veciños da Rúa Progreso para informar do proxecto que se esta a redactar para a remodelación desta rúa.

     

    Para os populares esta reunión xa se teria que haber convocado dende o goberno municipal dada a inquietude que se xerou entre os veciños e comerciantes dende que se anunciou a solicitude da subvención para a remodelación desta rúa, sen embargo e a pesar de que xa transcorreron varios meses, a día de hoxe segue sen informarselle das actuacións que finalmente se prevén levar cabo nesta rúa.

    O voceiro do Partido Popular, Ignacio Maril, manifestou que esta situación non se pode manter no tempo, “Dende o goberno municipal non se pode seguir lanzando anuncios sen informar directamente os veciños e comerciantes de cal e o proxecto que se vai desenvolver, primeiro porque son os máis afectados, e segundo porque se realmente queren que a xente opine e aporte, o que teñen que facer e explicarlle claramente o que teñen pensado facer, non como fixeron con traslado do Concello.”

    O voceiro popular lamentou tamén que o proxecto se siga a tramitar de costas os veciños, “Xa perdemos un tempo moi valioso no que se podería ter levado a cabo un traballo moi importante, sen embargo o igual que aconteceu nas últimas remodelacións levadas a cabo dende  o goberno municipal, como a da rúa do ambulatorio, o Alcalde oculta os proxectos e o final fanse obras que non son prácticas para os veciños, e con erros importantes que se poderían ter correxido. O final o que estamos vendo e que o Alcalde di unha cousa e fai outra, éncheselle a boca falando de participación, pero despois nin informa nin ten en conta as opinións dos demáis.”

    Os populares esperan tamén que o Alcalde nesta ocasión de a cara ante os veciños, “Xa deu a espantada cando se anunciou a petición da subención, e co plan de mobilidade sustentable, pero o Alcalde non se pode seguir escondendo dos veciños, ten que dar a cara e explicar cal e o proxecto para esta rúa, e como se vai a desenvolver, xa que a situación na que se encontra a maior parte dos comerciantes, difícilmente poderá soportar as consecuencias de varios meses de obras que prácticamente obrigarían o peche dos negocios.”