Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pide á Deputación que amplíe as medidas de seguridade en toda a EP-2900, entre Reboreda e Ventosela, en Redondela

    • Explican que se colocaron pasos redutores de velocidade e sinalización nalgúns puntos da estrada, pero aínda queda un tramo pendente.

     

    03, setembro, 2020.- O Partido Popular pide á Deputación que amplíe as medidas de seguridade para toda a EP-2900, entre Reboreda e Ventosela, en Redondela. Explican que recentemente se colocaron pasos redutores de velocidade e sinalización nalgúns puntos da vía, pero aínda queda un tramo pendente e no que os riscos e perigos son tamén notables.

    A voceira local do PP e deputada provincial, Carmen Amoedo, xunto aos tamén deputados Jorge Cubela e Alejandro Lorenzo, visitou este lugar xunto aos veciños, que amosaron a súa preocupación pola inseguridade á que se expoñen cada día neste punto da estrada provincial, e de feito, recordaron, xa se produciu algún accidente e saída de vía na zona.  

    Os populares comprobaron que é un tramo estreito, con dous sentidos de circulación, sen beiravías e, polo tanto, un perigo latente para os peóns, xa que para camiñar teñen que invadir os carrís de circulación. Por iso reclaman que tamén neste punto, e do mesmo xeito que se fixo no resto da vía, se coloquen pasos redutores de velocidade e maior sinalización.