Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O BIGOBERNO MS-PSOE VOTA EN CONTRA DA IMPLANTACIÓN DO LIBRO DIXITAL PARA O ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA DO CEP ALTAMIRA

    • Os grupos MS-PSOE en contra da iniciativa para proporcionarlle ao alumnado de 5º de primaria e aos/ás docentes as ferramentas tecnolóxicas para o ensino.

     

    3 de setembro de 2020. O pasado xoves 27 celebrouse o primeiro pleno ordinario e presencial desta denominada ‘nova normalidade’. Unha sesión plenaria cargada de contido moi importante para todos os salcedenses e, co retorno ós colexios á volta da esquina, o tema educativo foi un tema predominante durante as catro horas e media de duración da sesión. A dez días do comezo escolar, “o Grupo Municipal Popular pediu a comparecencia da Concelleira de Educación do PSOE xa que, nas últimas semanas o único que vemos por parte do goberno nesta materia é que non asumen as súas competencias no que a educación se refire, como a limpeza/aseo dos centros educativos, botando balóns fóra e culpando a outras administración de competencias exclusivamente locais” sentenciou Santi Davila.

    Ademais, é moi importante que os veciños e veciñas de Salceda teñan a información precisa en canto a que o bigoberno MS-PSOE votou en contra da implantación do Proxecto Dixital da Xunta de Galicia no CEP Altamira, “chámanos a atención que no Consello Escolar, o profesorado, a ANPA e os representantes dos país voten a favor e, xustamente, a representante do Concello, neste caso a Conselleira de Educación vote en contra da medida de implantar o Libro Electrónico no CEP Altamira có argumetario de que os docentes e as familias non están preparadas afirmaou a concelleira popular Noelia Pérez Dominguez. 

    Esta iniciativa dixital ‘E-Dixgal’ da Xunta de Galicia ofrece unha educación completamente dixital para aulas de 5º de primaria. Ademais, “a Xunta de Galicia proporciona aos centros e a comunidade educativa a conectividade a internet e o equipamento, é dicir, un ordenador para cada alumno, os entornos virtuais de traballo e os contidos dixitais, as accións de formación e difusión para docentes e familias, as canles de participación a través de espazos webs, app e ferramentas; tanto para docentes como para familias. Estando nunha situación excepcional como na actualidade, esta iniciativa dixital asegura que o alumnado teña equipamento e acceso ao contido educativo con igualdade de condicións, por iso non entendemos que o bigoberno MS-PSOE vote en contra de medidas tan beneficiosas para a educación e desenvolvemento dos/as cativos/as de Salceda” sinalou a Concelleira.

    Sinalar tamén que, “moitos Concellos da contorna levan anos beneficíandose desta iniciativa, dispondo xa de aulas dixitais equipadas para ofrecer aos/as alumnos/as unha experiencia educativa adaptada ás necesidades duns/dunhas rapaces/as que se desenvolven nunha contorna tecnolóxica”. Según dixo Santiago Rodríguez Davila, “menos mal que din defender a educación pública, máis medios, máis equipamentos, bla, bla, bla…a realidade é que unha vez máis, fan todo o contrario do que din”.

    En conclusión, “pese a negativa e voto en contra do Bigoberno MS-PSOE, esta iniciativa dixital sae adiante grazas ao voto favorable dos docentes do CEP Altamira, da ANPA e dos representantes dos pais e nais, quenes presentaron o seu proxecto para a anexión do noso colexio de educación primaria a este proxecto do que se beneficiarán neste curso 2020-2021 aproximadamente 100 alumnos de 5º de primaria. Na política municipal, o bigoberno ten que deixar a un lado o non polo non de iniciativas boas e beneficiosas para os salcedenses como é neste caso a implantación do libro electrónico para os nosos cativos” sentenciou o voceiro.