Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DEFENDE OS 24 MILLÓNS QUE O GOBERNO PRETENDE INCAUTAR AOS CONCELLOS DA COMARCA DE PONTEVEDRA

     

    • Os populares presentarán unha moción en todos os plenos da comarca e da provincia, así como na Deputación de Pontevedra, instando o Goberno de España a non apropiarse dos recursos das Entidades Locais
    • Jorge Cubela pide á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que defenda os intereses do veciños e veciñas da provincia e non sexa refén do su partido como o está a ser Abel Caballero

     

    Pontevedra, 31 de agosto de 2020.-  O Partido Popular de Pontevedra levará aos plenos de todos os concellos da provincia e ao da Deputación de Pontevedra unha moción contra o decreto lei que recolle o acordo do Goberno e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para apropiarse dos remanentes dos concellos.

    A campaña iniciada polos populares da provincia contra a incautación dos aforros municipais obrigará a todos os grupos políticos e cargos da comarca de Pontevedra a decantarse entre a defensa dos intereses dos veciños e veciñas ou a disciplina partidista.

    “Esta moción é unha expresión do rexeitamento frontal á incautación destes remanentes, que deixaría nunha grave situación aos concellos desta comarca”, explicou a deputada provincial, Pepa Pardo, “a cifra ascendería 24 millóns de euros, dos cales 19 millóns corresponderían a Pontevedra cidade. Polo tanto, é imprescindible unir forzas de calquera cor política fronte a esta auténtica barbaridade”.

    No mesmo sentido se manifestou a deputada, Elena Estévez,  que insistiu en que a intención dos populares é chamar á reflexión e a que se reconsidere este acordo agora que aínda se está a tempo de dar un paso atrás”. Estévez apuntou que “pese a que traten de vendelo como un acordo beneficioso para as entidades locais é todo o contrario. Os concellos sempre pedimos unha maior autonomía económica e financiación para poder facer frente ás nosas obrigas, agora máis que nunca, e o que se nos ofrece é apropiarse dos nosos aforros”. 

    Pola súa banda, o voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela, tildou este acordo entre o Goberno e a FEMP de “atentado contra a autonomía municipal e financieira”. “Somos un partido de pactos e consenso pero non podemos estar dacordo cunha medida que pretende provocar unha grave crise local”, apuntou, “póñennos unha correa da que os concellos non poderán sair, porque ou entregan os seus remanentes ou non os van poder gastar”.

    Tal e como explicou o voceiro, a moción presentarase tamén na Deputación de Pontevedra, onde agarda que a súa presidenta defenda aos veciños e veciñas da provincia. “Pídolle a Carmela Silva que defenda os intereses dos concellos da provincia. O plans provinciais que se van deixar de levar a cabo por mor de non facer incorporacións de remanente de tesoureiría serán moi importantes. Plans de cooperación, servicios e investimentos que redundaban en beneficio de todos os concellos da provincia. A paralización destes proxectos aumentará a crise que se dará nos concellos”.  “Abel Caballero xa é refén do seu partido, veremos se tamén o é Carmela Silva”, concluíu.

    Proposta

    Os populares solicitarán o apoio expreso dos concellos e da institución provincial ao recurso de inconstitucionalidade que o Grupo Popular no Congreso dos Deputados presentará contra a Real Decreto-Lei 27/2020 para defender os intereses de todas as entidades locais e os aforros dos veciños e veciñas, así como o seu rexeitamento ao procedemento negociador que o Goberno de España mantivo coa FEMP para chegar a un acordo dese unha "apariencia" de apoio unánime das entidades Locais ao decreto.

    Así mesmo, instarán a solicitar aos órganos dos competentes da FEMP a reprobación do seu presidente, Abel Caballero, e a mostrar o seu profundo rexeitamento a calquera medida do goberno de España tendente a apropiarse dos aforros acumulados pola cidadanía.

    A proposta do PP insta o Goberno de España a atender as demandas dos concellos para que poidan dispoñer do 100% dos seus remanentes de tesourería para a loita contra os efectos negativos da COVID-19, levando a cabo para ese efecto as modificacións legais que resulten pertinentes. E en todo caso, a respectar e garantir a autonomía que a Constitución Española e as súas leis outorgan ás entidades locais para a xestión dos seus recursos.