Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pide á Deputación que exprese publicamente o seu rexeitamente a que o Goberno central se apropie dos aforros dos concellos

    • Cubela di que unha gran parte do municipalismo rexeita esta medida.

     

    31, xullo, 2020.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, reclamou esta mañá no pleno que a Deputación de Pontevedra exprese publicamente o seu rexeitamento a que o Goberno central incaute os aforros dos concellos e das deputacións provinciais.

    Cubela destacou o “extraordinario esforzo realizado polos gobernos locais desde o inicio da pandemia”, e lamentou que unha das medidas que valora o Ministerio de Facenda sexa “incautar pola vía de préstamo os remanentes das entidades locais, acumulados durante os últimos anos, medida que vai en contra da autonomía municipal consagrada na Constitución”.

    O voceiro popular subliña que existe un “rexeitamento expreso” dunha gran parte do municipalismo a que Facenda incaute o remanente de tesourería dos concellos e institucións provinciais, que son os aforros dos veciños e das veciñas. “Parécenos unha inxustiza de gran calado e que non ten xustificación algunha”, engade.

    “O goberno pretende que os concellos e gobernos provinciais prestémoslle a totalidade dos aforros acumulados durante os últimos 8 anos”. Sostén que é un disparate que o Executivo de Sánchez se apropie dos cartos que lle pertencen aos concellos. Esta medida, ademais, pon de manifesto a incoherencia dos socialistas xa que vai en contra dos argumentos defendidos ata o de agora polo municipalismo en boca do propio presidente da FEMP, Abel Caballero.

    Cubela resalta que as entidades locais queren e teñen o dereito de dispoñer dos cartos “que aforramos froito da xestión responsable para mellorar o día a día da nosa veciñanza, como administración máis próxima ao cidadán que coñece a realidade e as necesidades sociais de primeira man”.

    “Ata hai dous días -reitera- os concellos ao unísono pedíamos poder utilizar o 100% deses recursos que nos son propios sen ningún tipo de tutela; esta proposta tería que ser un insulto para todo o municipalismo, polo menos para nós si o é”.