Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio pregunta sobre a confusión xenerada pola empresa que cobra as multas de tráfico á hora de alegar ou pagar sancións

    • Traslada as queixas de veciños e visitantes de que “alegar ou abonar unha sanción en Poio é unha odisea” polas prácticas da empresa que recada as multas. A diferencia doutros concellos, o cobro das multas en Poio está privatizado pero non hai unha oficina física para alegar ou pagar, non se facilita o número de conta, se ocultan datos e os tickets de denuncia conteñen informacións contraditorias ou falsas. 
    • Entre outras anomalías, os tíckets de denuncia que se deixan os parabrisas só permiten o pago nunha entidade bancaria específica e dan un prazo de 4 días cando a propia Lei de Tráfico establece 20 días para alegar ou abonar cun desconto do 50%: Dá a impresión de que o único que se busca é “cobrar o antes posible” e sen que os denunciados exerzan os seus dereitos. 
    • Rocío Cochón pregunta no pleno sobre estas prácticas, “que están a causar problemas a veciños, visitantes e traballadores do Concello e á propia imaxe de Poio” e recorda episodios como as cartas intimidatorias a veciños coa autorización de Marga Caldas ou a negativa a reinvestir o diñeiro das sancións en aparcamentos: “Despois de privatizar as multas, parece que os 3 Alcaldes non queren solucionar os problemas de tráfico ou de aparcamento, senón que a empresa recade o máximo posible sen importar como”. 
    • Durante o pleno do martes os populares tamén defenderon unha moción para o arranxo do camiño As Cachadas, en Campelo, votaron afirmativamente á moción para devolver as comisións de Abanca, e preguntaron sobre a falta de medidas do Concello en 25 anos para que os bombeiros de Pontevedra dean servizo en Poio e sobre a actuación dos 3 Alcaldes nun procedemento pola vulneración da Lei de Protección de Datos.

     

     

    28 de xullo de 2020. O PP de Poio preguntou no pleno deste martes pregunta sobre a confusión xenerada polas prácticas da empresa que cobra as multas de tráfico, trasladando así a preocupación de veciños e visitantes, que denuncian que “alegar ou abonar unha sanción en Poio é unha odisea” por falta de información ou datos erróneos.

    Rocío Cochón recordou que, a diferencia doutros concellos, que cobran directamente as sancións ou delegan o cobro no ORAL, Poio ten privatizado este servizo, e achegou tickets de denuncias por infraccións de aparcamento que foron deixados nos parabrisas de vehículos, e que conteñen información confusa, contradictoria ou directamente enganosa.

    A parte delanteira do ticket recolle un “prazo” de 4 días, cando a Lei de Tráfico establece 20 días para facer alegacións ou abonar a sanción cun desconto do 50%. Ademais, se limita a dicir que o sancionado “pode pagar a multa en calquera sucursal bancaria de Abanca”, sen informar a simple vista do lugar ou procedemento para facer alegacións ou facer o pago doutra maneira, como é preceptivo.

    Ademais, cando os sancionados chaman ao Concello ou á Policía Local para pedir un número de conta ou un lugar físico onde pagar ou abonar, non se lles facilita ningún número de conta, nin un enderezo para pagar ou facer alegacións, nin outra información adicional.

    A parte traseira dos tíckets si recolle información xenérica legal sobre prazos e alegacións que contradí a parte delanteira, pero segundo os populares “dá a impresión de que se busca que os denunciados paguen o antes posible sen facer alegacións, sen aplicar o desconto ou, desde logo, sen poder exercer os seus dereitos”.

    Os populares explicaron que a maioría de veciños e visitantes sancionados pensan automaticamente que teñen un prazo de 4 días, o que é falso, e preguntan se o obxectivo é intimidatorio ou recadatorio. Cochón subliñou que nestes tempos de crise económica e social “Poio non se pode permitir intimidar aos visitantes con este tipo de tácticas, nin causar máis problemas a veciños que xa bastante teñen con recibir unha sanción como para que se lles dea información errónea sobre os seus dereitos”.

    A popular, ademais, subliñou que o problema non é só para os veciños e os turistas, senón para os propios traballadores do Concello, e recordou que BNG, PSOE e Avante Poio rexeitaron as propostas do PP de investir a recadación por multas para facer prazas de aparcamento, cando o 90% das multas son por estacionamento: “Despois de privatizar as multas, parece que os 3 Alcaldes non queren solucionar os problemas de tráfico ou de aparcamento, senón que a empresa recade o máximo posible sen importar como”.

    Cochón contrastou esta confusión e falta de información coa información dispoñible para un sancionado en calquera outro concello, onde na web municipal ou no ORAL informa sobre os prazos correctos, lugares físicos para alegar ou pagar as sancións e o procedemento legal, e pediu unha explicación “que non sexa a obvia”.

    Cochón recordou que a principio deste ano fixéronse públicas cartas intimidatorias que ameazaban con quitarlles os vehículos por multas de 100 euros, e informes de tesourería cunha recadación do 30% máis do previsto, todo baixo a supervisión de Marga Caldas.

     

    MOCIÓN PARA A HUMANIZACIÓN DO CAMIÑO AS CACHADAS, EMENDAS Á MOCIÓN DE ABANCA E PREGUNTAS SOBRE EMERXENCIAS E SANCIÓNS DE PROTECCIÓN DE DATOS

    Durante o pleno do martes os populares tamén defenderon unha moción para o arranxo do camiño As Cachadas, en Campelo, de modo que se garanta o paso de vehículos de emerxencias e a seguridade de conductores e veciños. A moción foi ditaminada positivamente por unanimidade de todos os grupos, de modo que os populares prevén que sexa aprobada tamén unanimemente.

    O PP ademais anunciou a vontade de votar afirmativamente á moción de Avante Poio solicitando a devolución das comisións cobradas por Abanca en libretas de aforro, e introduciu dúas emendas recordando que a responsabilidade de impoñer estas comisións non é dos traballadores da entidade e solicitando a Abanca que manteña abertas todas as oficinas que ten en Poio.

    Ademais, os concelleiros populares tamén realizaron dúas preguntas ao equipo de goberno sobre “que medidas tomou o goberno nos últimos 25 anos para que os bombeiros municipais de Pontevedra, con parque en terreno de Poio, presten servizo alomenos en San Salvador” e preguntaron ao concello por unha sanción por vulneración da Lei de Protección de Datos imposta á empresa concesionaria do suministro de auga, despois de numerosas denuncias ante o Concello, sen que o goberno local fixera nada ao respecto.