Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP de Silleda esixe a limpeza das parcelas municipais

     Silleda, 25 de xullo de 2020.- O Partido Popular de Silleda esixeu o goberno municipal que acometa de inmediato a limpeza das parcelas municipais, xa que algunha se encontra chea de maleza.

    Para os populares non e de recibo que máis dunha semana despois de que ocurrirá o incendio no centro de Silleda o goberno municipal siga mantendo as súas parcelas no casco urbano nun estado de limpeza lamentable. “E increíble que o señor Cuíña non fixera nada nesta semana para limpar as parcelas municipais, o pasotismo do goberno municipal chega a unhos puntos que non se poden comprender. O mínimo que teñen que facer e respetar e dar exemplo os demáis veciños mantendo os inmobles municipais en bo estado.”

    Concretamente o voceiro do Partido Popular de Silleda Ignacio Maril, refireuse o estado no que se atopa a parcela o lado da rede de Calor, “O Concello mantén o lado das instalacións da rede de calor e da escola de música, xusto frente o Colexio Público, un auténtico polvorín. Parece increíble que estas imaxes se den no centro de Silleda, xa que non estamos falando dunha pouca herba, estamos falando de maleza e  ramallos nos que si chega  a prender lume a situación sería moi complicada. Semella que o señor Cuíña non comprendeu nada co que pasou o pasado venres, éncheselle a boca amezando con impoñer multas e facer ordenanzas mentres eles incumplen todo. Xa sabemos que o Alcalde pensa que a lei non vai con él, pero esto e unha cuestión de seguridade coa que non pode seguir xogando, nin se pode seguir tentando a sorte.”

    Esta situación tamén se da con algunha parcela que foi cedida o Concello no centro da localidade da Bandeira, e que segue sen limpar a pesar de que se atopa o lado de algún establecemento hostaleiro e onde se celebran cada 14 e 29 as feiras. “Vemos que esta situación afecta a todo o Concello, da igual a que parroquia miremos. Hai persoal e medios máis que suficientes, o único que lle falta o goberno municipal son ganas de facer as cousas. Como sempre teremos que esperar o ano antes das eleccións para que empecen a traballar.”

    Os populares solicitaron tamén unha vez máis que se intensifiquen as labores de limpeza nas parroquias, xa que hai lugares nos que o risco para os veciños pola falta de limpeza e máis que evidente. “Non pode ser que xa ben entrado o verán sigan parroquias sen desbrozar co risco que esto supón tanto para circular polas estradas do rural, como para que se podan plantar lumes. Levamos anos pedíndolle que lle den unha solución a esta situación pero semella que non lle interesa o que lle pase os veciños do rural nin o estado no que se atopan as nosas parroquias, o único que lle interesa son as obras nas que se moven moitos cartos.”