Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda: “En momentos difíciles hai que elixir aos mellores e confiar en quen xa xestionou e solucionou outras crises”

    • Chama á mobilización o domingo para apoiar un goberno estable e con experiencia fronte aos experimentos dun multipartito.
    • Pide non caer nin na confianza de que todo está feito nin no medo a votar, porque a seguridade nos colexios electorais está totalmente garantida.

     

    09, xullo, 20. O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, chamou hoxe a mobilizarse o domingo para elixir quen vai seguir xestionando a pandemia económica. Dixo que só hai dúas opcións, ou o goberno estable e con experiencia que ofrece Núñez Feijóo, ou un experimento dun multipartito que ofrecen todos os demais. “E en momentos difíciles hai que elixir aos mellores, hai que confiar en quen xa xestionou e solucionou outras crises. Convertemos a Galicia nunha comunidade solvente tras a crise económica, e xestionamos a crise sanitaria con anticipación. Sabemos o que facemos, sen improvisacións”. Ademais, dixo que “gobernar non pode ser un máster para ninguén, e menos agora”.

    Foi durante os mítines que se celebraron esta tarde en Pontevedra, O Porriño e Vigo, con Alberto Núñez Feijóo e outros membros da candidatura popular. Rueda volveu a incidir na importancia de non caer no exceso de confianza nin deixarse convencer por quen cuestiona a seguridade nos colexios electorais. “Vai ser completamente seguro, desde o Goberno galego estableceuse un protocolo de máximos que garante que sexa tan seguro votar como outras das actividades que se fan cada día”. É máis, recordou que xunto con todas as medidas de protección, tamén se priorizará a entrada dos maiores de 65 anos ou con algún tipo de discapacidade. “Cando un ten interese en insinuar que é mellor non ir a votar ao colexio electoral o domingo, é porque xa está intuíndo que non lle va a ir ben”, lamentou.

    Rueda dixo que os últimos tres meses demostraron que o apoio do Goberno de Feijóo á sanidade pública galega é real. “Na xestión da pandemia foi fundamental a anticipación do goberno galego, xa que eses quince días foron decisivos para que Galicia tivese un mellor comportamento que outras comunidades, pero tamén todo o investimento que se ten feito na sanidade pública galega nos últimos dez anos”. Nesta liña, puxo en valor que o Partido Popular te un programa que apoia ás persoas que o necesitan, ás familias, que aposta polo emprego e a política social. “O voto a Feijóo representa a todos os que queremos unha Galicia estable e fiable”.