Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda incide na necesidade de elixir o domingo un presidente con experiencia e un goberno que traballe desde o minuto un

    • Sinala que a outra alternativa é un multipartito de partidos que se levan moi mal entre eles e que non teñen outra unión que ir contra Feijóo.

     

    08, xullo, 20. O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, pediu hoxe o voto o 12 de xullo “para que siga gobernando Feijóo e que Galicia teña outros catro anos de estabilidade e de avance”. A outra opción, apuntou, é que dez partidos se teñan que poñer de acordo. “Partidos que se levan moi mal entre eles, que non van a deixar de levarse mal, e que non van ter outra unión que ir contra Feijóo”, sinalou. O que esperan, engadiu, “non é gañar as eleccións, é que o domingo ao PP lle falte un só escano para conseguir a maioría absoluta e poder pactar todos xuntos un multipartito”.

    Rueda recordou que “Galicia está afrontando unha situación moi difícil, e todo indica que os próximos meses van ser duros” e, polo tanto, incidiu na importancia de “elixir un presidente con experiencia e un goberno que traballe desde o primeiro día, como viñemos facendo ata o de agora. Non podemos permitirnos xogar co noso futuro”.

    Fixo estas declaracións durante a visita que fixo este mediodía aos voluntarios que durante todo o día están na carpa que o PP local na Glorieta de Compostela. O candidato popular recoñeceu todo o traballo que o partido a nivel local leva facendo desde o inicio da campaña, “a pé de rúa, moi orgullosos e explicando o proxecto do PP como sempre, e adaptándose ás novas circunstancias”.