Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os populares de Pontevedra promocionan a cidade do Lérez como destino turístico seguro

    • O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, e os membros da candidatura popular Guille Juncal e Lupe Murillo, percorreron a urbe comprobando os cambios efectuados en establecementos comerciais e hostaleiros
    • Realizouse un percorrido polo Hotel Rías Bajas, adaptado ós protocolos sanitarios fronte ó coronavirus, para promover a cidade do Lérez como destino turístico seguro

     

    7, xullo, 2020. O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, e os membros da candidatura popular á Xunta de Galicia Guille Juncal e Lupe Murillo percorreron este martes a cidade de Pontevedra para comprobar as medidas tomadas por diferentes establecementos fronte o Covid-19 e para promocionala como destino turístico seguro.

    Os populares visitaron as instalacións do Hotel Rías Bajas, no centro da cidade, para coñecer de primeira man as obras de reforma realizadas para adaptar os espazos comúns e habitacións os protocolos sanitarios fronte ó coronavirus. “Os hoteleiros de Pontevedra, e tamén os hostaleiros, veñen de realizar un esforzo importantísimo para ofrecer o mesmo servizo de calidade, pero asegurando a saúde dos turistas que elixen a nosa cidade como destino para as súas vacacións”, asegurou o popular Rafa Domínguez.

    Pola súa parte, Lupe Murillo dixo que no último lustro o traballo da Xunta se centrou na consolidación dun modelo turístico propio, baseado na sustentabilidade e na calidade do destino. “Un modelo de proximidade para seguir defendendo un dos sectores económicos máis importantes de Galicia, e da nosa cidade, Pontevedra”.

    Por iso, recordou que dende a Xunta se traballa para que Galicia continúe sendo un destino seguro, entre outras actuacións, con un paquete de medidas cun investimento que supera os 8 millóns de euros e que ten como obxectivo garantir a seguridade sanitaria dos visitantes, dos profesionais e do conxunto dos galegos.

    Domínguez tamén quixo destacar a adaptación de medidas no albergue de Pontevedra co obxectivo dunha peregrinación segura. “O pasado sábado puidemos comprobar as medidas que xa se aplican no albergue da nosa cidade, dende a toma de temperatura, a instalación de carteis informativos cas recomendacións e a entrega de materiais de protección para peregrinos, entre outros”, destacou o popular.