Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda di que Feijóo é a opción para todas  as persoas que queren unha Galicia fiable, estable e ben xestionada

    • Pide “sentidiño para pensar que si algún queda na casa e pensa que todo está feito ao final teremos catro anos que xa non se poden recuperar”.

     

    07, xullo, 20. O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, pediu hoxe en Cerdedo-Cotobade que todas aquelas persoas que queren unha Galicia fiable, estable e ben xestionada voten o domingo a Feijóo, independentemente do partido ao que votaron as últimas convocatorias electorais. O líder provincial dixo que as alternativas de Goberno son dúas, un goberno unido, cohesionado e preparado para xestionar desde o luns, ou un experimento dun multipartito que non teñen máis puntos en común que querer botar a Feijóo da Xunta.

    “O que estamos pedindo ata o último día é sentidiño para pensar o que ten que ser Galicia nos próximos catro anos, sentidiño para pensar que si algún queda na casa e pensa que todo está feito ao final teremos catro anos que xa non se poden recuperar”, sinalou. Foi durante un mitin na Praza do Concello en Cerdedo, ao que tamén asistiron o candidato, José Balseiros, o alcalde, Jorge Cubela, e a vicepresidenta do Congreso, Ana Pastor.

    Por iso, Rueda pediu “o apoio para quen leva defendendo os intereses de Galicia durante unha década e para quen liderou a loita contra o Covid nos últimos meses, sendo unha referencia para o resto de España”.  Nesta liña, incidiu en que “aquí pelexouse cada vida, non houbo que decidir. E foi grazas á anticipación do Goberno galego, que quince días antes do Estado de Alarma comezou a tomar decisións importantes e comprar material, pero tamén a todo o que se investiu en sanidade pública nos últimos dez anos”.

    Ademais, pediu votar o domingo con liberdade porque os colexios electorais van ser totalmente seguros, porque contan con todas as medidas de prevención e supervisión para garantir a seguridade. “Cando un ten interese en insinuar que é mellor non ir a votar ao colexio electoral o domingo, é porque xa está intuíndo que non lle va a ir ben”, denunciou.

    Por último, puxo en valor todos os investimentos da Xunta no concello nos últimos anos, e recordou que o Goberno popular fai unha aposta decidida polo rural galego. “Queremos que vivir no rural non sexa en ningún caso unha desvantaxe, e por iso puxemos en marcha moitas iniciativas para garantir  máis servizos aínda que pagando menos impostos”. Nesta liña, subliñou que o rural de hoxe ten máis mocidade traballando, menos impostos e mellores servizos, e que nos próximos anos cómpre poñer en valor a terra agraria e reforzar a comercialización dos produtos da terra. Así, referiuse á futura aldea-modelo en Parada, ás novas residencias de Cerdedo e Carballedo, o investimento de máis de un millón de euros nos centros educativos, ou rehabilitación dos baños do San Xusto, entre outros.