Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Partido Popular propón á Deputación que amplíe os contratos do Plan Concellos ata febreiro de 2021

    • Jorge Cubela explica que o estado de alarma imposibilitou ás administracións locais facer procesos selectivos.

     

    29, xuño, 2020.- O grupo provincial do Partido Popular pide ao Goberno da Deputación de Pontevedra que amplíe o prazo de finalización dos contratos laborais incluídos no Plan Concellos, de xeito que en lugar de rematar en decembro de 2020, se prolonguen ata finais de febreiro de 2021.

    Explica o voceiro do grupo popular, Jorge Cubela, que coa situación excepcional dos últimos meses, o estado de alarma imposibilitou a moitos dos concellos iniciar os procesos selectivos. Por iso, considera que, para garantir que a persoas en situación de desemprego poidan ser contratadas por máis tempo, sen que estes meses supoñan para eles un prexuízo neste sentido, o máis lóxico é que a institución provincial modifique as bases do Plan Concellos 2020 para que poidan ser contratados por máis tempo para a conservación e o funcionamento de bens e servizos municipais.

    O que indican as bases reguladoras do Plan Concellos é que os contratos deben finalizarse como máximo o 31 de decembro, sen que en ningún caso a subvencionabilidade dos contratos poida exceder este período. “Cremos que ante unha situación excepcional, pódense tomar decisións excepcionais e estamos convencidos de que o Bipartito atenderá esta demanda porque beneficia non só ás persoas que van ser contratadas a través do Plan Concellos, senón tamén ás propias administracións locais”, indica.

    Ademais, recorda que neste tempo e a petición do Partido Popular, a Deputación de Pontevedra modificou as bases do Plan Concellos, para poder incrementar as porcentaxes que se destinan para a liña 3, emprego. Deste xeito, o acordo adoptado é que os concellos poidan incrementar do 22 ao 30% a cantidade que destinan para a contratación de persoal.