Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP reclama ao Goberno que permita aos concellos usar os seus aforros para paliar os efectos da crise sanitaria

     

     

    • Deputados nacionais e senadores volven a incidir na necesidade de que as entidades locais poidan empregar todo o seu superávit e remanente de tesourería.
    • Mantiveron reunións con diferentes sectores estratéxicos para a provincia, co fin de escoitar cales son as súas prioridades.

     

    28, xuño, 20.- Deputados nacionais e senadores do Partido Popular de Pontevedra volven a reclamar ao Goberno central que permita aos concellos usar os seus aforros para paliar os efectos da crise sanitaria. Entenden que o Estado debe autorizar sen máis dilación que os concellos poidan empregar todo o superávit e remanentes de tesourería, uns ingresos que lle corresponden ás entidades locais e que están a ser bloqueados polo Estado.

    Os populares defenden que os concellos teñen dereito a poder reinvestir este saldo favorable que teñen en medidas que van repercutir de xeito directo no benestar dos seus veciños e veciñas. E máis nestes momentos, onde é preciso tomar medidas de inmediato para atallar a crise económica.

    Así, recordan que o Goberno só permite gastar o 20% do superávit municipal de 2019 para atender gastos urxentes das medidas levadas a cabo durante a pandemia, pero non ten sentido que non se poidan adoptar outras iniciativas cando hai uns aforros municipais que o Goberno non permite usar.

    Ademais desta iniciativa, os populares tamén trasladaron ao Congreso e ao Senado outras problemáticas da provincia, como son a modificación do regulamento da Lei de Costas a través da Lei de Cambio Climático e a importancia de reactivar o sectores turístico e da automoción. O obxectivo, sinalan, é que a voz dos sectores produtivos de Pontevedra chegue a Madrid e se transforme en iniciativas. Nesta liña, recorda que durante as últimas semanas mantiveron reunións con representantes de diferentes sectores estratéxicos para a provincia co fin de escoitar cales son as súas prioridades e necesidades. Así, mantiveron encontros telemáticos con representantes do mar, da automoción, da Confederación de Empresarios de Galicia e tamén cos sindicatos, tratando de ser unha ferramenta útil neste momento tan complicado.