Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Fabiola García e Nidia Arévalo participan nun encontro sobre atención á discapacidade con representantes de centros de Mos

    • Sinalan que conseguir unha sociedade máis inclusiva foi e seguirá sendo unha prioridade nas axendas dos gobernos do PP.

     

    26, xuño, 20. A alcaldesa de Mos e voceira local do PP, Nidia Arévalo, participou xunto á Conselleira de Política Social, Fabiola García, nun encontro sobre discapacidade con diferentes entidades locais, entre os que se encontraban representantes de Asodifisi, das Esclavas Virgen Dolorosa, Doral Residencias e Cogami.

    Durante o encontro, destacaron a importante labor social que realizan nestes centros, e a calidade dos coidados que reciben os seus usuarios. Ademais, recordaron que conseguir unha sociedade máis inclusiva foi e seguirá sendo unha prioridade nas axendas dos gobernos populares.

    Nesta liña, incidiron en que o avance social, económico e dos servizos públicos debe realizarse sempre incorporando medidas axeitadas para que as persoas con discapacidade ou con necesidades educativas especiais poidan, desde a súa autonomía e independencia, incorporarse a este progreso durante toda a súa vida.

    Así, destacaron que o sistema educativo galego é o máis inclusivo de toda España. Segundo a última estatística do Ministerio, Galicia é a comunidade autónoma que ten a maior porcentaxe de alumnado con necesidades educativas especiais integrado en centros ordinarios: o 92,7% do alumnado con NEE está integrado, o que favorece a igualdade de oportunidades.

    No encontro, tamén se referiron aos programas de vida independente, ao acompañamento domiciliario para a inclusión, o bono social ou  a inserción laboral das persoas con discapacidade.