Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda: “É momento de volver a apostar por quen converteu a Galicia nunca comunidade solvente tras a crise de 2009”

    • “A anticipación da Xunta foi determinante para xestionar a crise sanitaria, pero tamén foi fundamental o investimento na sanidade pública galega dos últimos dez anos”.

     

    26, xuño, 20. O presidente do PP de Pontevedra e candidato ás eleccións autónomicas do 12 de abril, Alfonso Rueda, destacou hoxe que estas son unhas eleccións decisivas para Galicia, porque o Goberno que elixan os cidadáns terá que xestionar a reconstrución de Galicia. Para o líder provincial, coa situación actual non é momento de probar experimentos, é momento de apostar por quen converteu a Galicia nunha comunidade solvente tras a crise de 2009. “Ofrecemos un Goberno que aporta confianza, certezas e proxecto”.

    Rueda, que esta tarde participou nun encontro veciñal en Ponte Caldelas xunto ao voceiro local Antón Xil, e nun mitin en Vilaboa co tamén candidato e voceiro local, Alberto Acuña, puxo en valor a xestión do Goberno galego na xestión da pandemia sanitaria. “A anticipación da Xunta foi determinante, pero tamén foi fundamental todo o investimento na sanidade pública galega dos últimos dez anos”. Nesta liña, recordou que máis do 40% do total do orzamento da Xunta se destina á sanidade, pero tamén que hoxe se inviste máis en políticas sociais que nunca e que actualmente se goza da mellor educación pública da historia de Galicia. “Por moito que a outros lles moleste, estas son as certezas do Goberno de Feijóo”.

    Rueda incidiu en que “o PP ten un programa, un proxecto claro, experiencia e un equipo preparado para traballar desde o primeiro momento e sen improvisacións”. Ademais, destacou o compromiso de toda a candidatura do PP de Pontevedra para seguir traballando pola provincia e por Galicia. “Candidatura que conta con todos os conselleiros que fixeron un traballo fundamental estes anos para garantir a estabilidade de Galicia, pero tamén inclúe persoas que saben ben o que é a política de proximidade co cidadán”.

    Por último, pediu que o 12 de xullo a cidadanía se mobilice polo futuro de Galicia. “Non hai que fiarse das enquisas, a única enquisa válida é a do reconto na noite electoral”.