Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda: “Hai que elixir quen se vai encargar de Galicia a partir do 13 de xullo para afrontar a recuperación”

    • Destaca que “Feijóo ten moito que aportar a Galicia, ten experiencia e certezas demostrables na xestión de crise, e poñeremolo en valor”.
    • Os candidatos do PP de Pontevedra participaron na tradicional pegada virtual

     

    25, xuño, 20. O presidente do PP de Pontevedra e candidato ás eleccións autonómicas, Alfonso Rueda, participou esta tarde na sede local do Partido Popular na tradicional pegada de carteis xunto a outros membros da candidatura provincial. Rueda explicou que esta noite se inaugura unha campaña clave para Galicia, xa que os cidadáns van elixir á persoa que liderará a xestión da crise economía e social provocada pola pandemia sanitaria. “Elixirán quen se vai encargar de Galicia a partir do 13 de xullo, para afrontar a recuperación sanitaria, social e económica que temos por diante”.

    Aínda que recoñeceu que esta noite comeza “unha campaña diferente”, amosouse convencido de que o PP adaptarase ás “novas circunstancias”. Iso si, “renunciaremos á nosa marca de identidade, que sempre son as grandes mobilizacións e con moita xente e movemento, pero seguiremos tendo moito empuxe aínda que doutro xeito e gardando todas as medidas sanitarias”.

    O popular recordou que “Feijóo ten moito que aportar a Galicia, ten experiencia e certezas demostrables na xestión de crise, e poñerémolo en valor. Temos experiencia en xestión de crise. Superamos a crise de 2009, e convertemos a Galicia nunha comunidade solvente. Aquí non vai haber improvisación”. Así, anunciou que “explicaremos como xestionamos esta pandemia, faremos balance de todo o feito ata o de agora, pero tamén falaremos do futuro máis inmediato, de como traballaremos para acometer a recuperación”.