Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Feijóo destaca a implicación do Executivo autonómico no avance que protagonizou Pontevedra nos últimos 11 anos

    • Salienta as actuacións levadas a cabo no ámbito sanitario, con especial referencia ao Gran Montecelo, que aumentará nun 49% os postos no hospital de día
    • Incide no seu compromiso co dragado do Lérez e o saneamento da ría, para o que o Goberno galego leva investidos máis de 44 millóns de euros

    24, xuño, 2020. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, subliñou que o seu compromiso con Pontevedra segue intacto. Así, destacou a implicación do Executivo autonómico no avance que a urbe protagonizou na última década.

    Así manifestou a súa decisión de afrontar novos desafíos e demandou o apoio dos pontevedreses porque agora, pese ás dificultades, a súa ilusión é que Pontevedra siga avanzando.

    O presidente dos populares galegos detalla, a través dun vídeo -publicado na súa conta de Twitter: https://twitter.com/FeijooGalicia/status/1275727070065233920- as principais actuacións da Xunta na urbe. Trátase dunha acción conxunta co resto das grandes cidades, nas que se fai un repaso polos principais fitos e investimentos desde 2009. A través deste vídeo, preténdese poñer en valor todo o traballo realizado, antes de que a pandemia do Covid-19 viñera a cambiar o escenario de prioridades.

    MELLORA DA SANIDADE

    En concreto, o presidente do PPdeG salientou as actuacións levadas a cabo no ámbito sanitario, coa construción do centro de saúde de A Parda ou a reforma integral da área de cirurxía do Hospital Provincial, así como dos servizos de xinecoloxía, neonatos, o novo hospital de día psiquiátrico ou a ampliación da área de oncoloxía.

    De cara ao futuro, salientou que o Gran Montecelo será unha realidade para prestar servizo a 300.000 persoas, con espazos máis acolledores, novos servizos e o aumento dun 92 por cento do número de salas de urxencias e un 49 por cento máis de postos no hospital de día.

    Entre as principais reformas acometidas nos últimos anos polo Goberno galego, Feijóo referiuse ao novo edificio administrativo de Benito Corbal, que alberga as dependencias da Xunta de Galicia, as do Estado e acolle a 28 asociacións. Ademais, citou a ampliación do edificio xudicial da Parda, con 23.000 metros cadrados máis de espazo, rexistro civil, 16 salas de vistas e a posibilidade de albergar ata 28 xulgados.

    Hoxe, Pontevedra conta con máis do dobre de escolas infantís e 320 prazas públicas máis en garderías que no ano 2009, logo da posta en marcha de instalacións na Parda, no edificio da Xunta ou no campus universitario da Xunqueira.

    No ámbito educativo, subliñou a rehabilitación do CEIP Campolongo, a ampliación do centro de FP Carlos Oroza e as obras de mellora no IES A Xunqueira.

    DE 28.000 A 120.000 HORAS DE AXUDA NO FOGAR

    Así mesmo, incrementouse de 28.000 a 120.000 o número de horas prestadas polo servizo de axuda no fogar, ao tempo que se procedeu á construción do novo centro de día para persoas con alzheimer, á reforma da residencia de Campolongo e a nova residencia do barrio da Parda, que albergará 120 prazas.

    Feijóo incidiu no seu compromiso co dragado do Lérez e o saneamento da ría de Pontevedra, para o que o Goberno galego leva investidos máis de 44 millóns de euros en infraestruturas e na explotación da EDAR de Praceres.

    A mellora da mobilidade dos veciños de Pontevedra tamén foi un dos obxectivos destes últimos anos. Neste sentido, figuran actuacións como a reforma da estrada a Vilagarcía, co acceso ao polígono de Sequeiros e coa rotonda da Devesa; a Ponte das Correntes, a Ponte da Barca, o acceso ao polígono de Sequeiros, a variante de Marín ou a futura variante de Alba. Ademais, manifestou o desexo de que o novo complexo intermodal estea operativo o antes posible.

    Por último, cómpre salientar o polo de atracción de investimentos para Pontevedra no que se converteu o Parque empresarial da Reigosa.