Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda Traslada novas medidas para comercio e hostaleria ante a paralise do goberno de Silleda

    Silleda, 21 de maio de 2020.- O Partido Popular de Silleda trasladou novas medidas o goberno municipal en relación co comercio e a hostalería local, destinadas a axudar a afrontar esta primeira fase de reapertura, propoñendo medidas encamiñadas tanto a axudar na reapertura como para incentivar a reactivación do consumo nos establecementos do noso Concello.

    Dende o Partido Popular consideran que o goberno municipal non pode seguir paralizado. O seu voceiro Ignacio Maril salientou que “Temos que  ir dando respostas as novas situacións que están vivindo os nosos comerciantes e hostaleiros dunha maneira áxil e eficiente, non nos podemos quedar anclados na primeira liñas de axudas porque a situación agora mudou completamente, e si non as vamos plantexando xa chegaran tarde.”.

    As medidas plantexadas abranguen dende medidas fiscais que buscan tanto que o Concello non lle cobre por servizos que non se prestaron mentras tiveron que estar pechados, como para intentar non afogar os comercios e a hostaleria nunhos momentos que están sendo especialmente difíciles para todos.

    As propostas tamén propoñen subvencións encamiñadas a paliar os gastos que supón adaptarse as novas medidas hixienico-sanitarias, e a elaboración de plans de dinamización tanto cultural, como de celebración de eventos e de sensibilización que fomenten o consumo local e a difusión para o seu coñecemento das novas medidas e restriccións que debemos adoptar os veciños.

    O voceiro do Partido Popular valorou que “Estas medidas intentan dar resposta a situación que vivimos actualmente dende a reapertura dos negocios, ofrecéndolle a axuda os nosos comerciantes e hostaleiros, poñendo as bases e as condicións para incentivar o consumo no noso Concello, facilitandolle novas ferramentas e espacios,pero centrándonos tamén na información os veciños e buscando a súa colaboración para retomar canto antes a normalidade.”

     O voceiro municipal sinalou tamén que “As medidas temos que adoptalas xa e non podemos seguir adiando as decisións. Estamos case a finais de maio e estas accións necesitan dunha planificación e duns prazos para conseguir que sexan efectivas, que si non afrontamos xa, chegaran tarde para o nosos comercio e os nosos hostaleiros. A campaña de verán esta ahí e non a podemos desaproveitar.”