Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Moldes solicita a creación dunha mesa de reconstrución social económica para Poio

    • Os populares veñen de presentar unha moción que se debaterá no Pleno deste mes na que solicitan a creación dunha mesa económico-social sobre Poio a causa da crise do COVID-19.
    • «Propoñemos a creación dunha mesa de reconstrución social-económica que esté formada por persoal técnico municipal, representantes de todos os sectores económicos, culturais, deportivos e veciñais e composta tamén por un ou unha representante de cada grupo político».
    • «Que mellor que os sectores afectados para decidir sobre o futuro deles e de todos de forma consensuada e sempre pensando no benestar social e na reactivación económica de Poio? Hai que escoitalos e eles teñen que estar presentes e ser decisivos na toma das decisións».
    • O portavoz popular quere que os acordos acadado nesta mesa de reconstrución sexan as directrices e os eixos básicos de actuación da Corporación.
    • «A resposta que temos que dar, como Concello, ten que ser no ámbito dos servizos sociais, no ámbito da reactivación económica de todos os sectores productivos, no ámbito da programación cultural, deportiva, etc. e en calquera ámbito que o necesite», recalca Moldes.
    • «Agora máis que nunca é momentos de diálogo, de acordos e de consenso para afrontar, loitar e superar a unha crise sen precedentes», conclúe Moldes.

     

    20 de maio de 2020. Os populares veñen de presentar na Comisión de Facenda unha moción que se debaterá no Pleno deste mes na que solicitan a creación dunha mesa económico-social sobre Poio a causa da crise do COVID-19.

    O PP de Poio explica que a veciñanza e os sectores productivos e asociativos de Poio e a sociedade en xeral demanda acordos baseados nas necesidades reais e, aínda máis, nun momento como o que está acontecendo a causa da COVID-19.

    Os populares inciden que desde o Concello de Poio e sempre dentro das nosas posibilidaes e dentro do noso marco competencial hai que dar resposta para que ningún veciño, ningún sector productivo (como o do mar, o da hostelería e restauración, o do turismo, o de servizos), para que nin cultura, nin o deporte nin o asociacionismo veciñal quede atrás nesta etapa de reconstrucción e de reactivación.

    «Propoñemos a creación dunha mesa de reconstrución social-económica que esté formada por persoal técnico municipal, representantes de todos os sectores económicos, culturais, deportivos e veciñais e composta tamén por un ou unha representante de cada grupo político», indica Moldes.

    «Que mellor que os sectores afectados para decidir sobre o futuro deles e de todos de forma consensuada e sempre pensando no benestar social e na reactivación económica de Poio? Hai que escoitalos e eles teñen que estar presentes e ser decisivos na toma das decisións», indica Moldes.

    O portavoz popular quere que os acordos acadado nesta mesa de reconstrución sexan as directrices e os eixos básicos de actuación da Corporación: «Queremos que os acordos acadados nesta mesa sexan as directrices para as futuras decisións políticas e os eixos básicos que se tomen nesta Corporación».

    O portavoz popular explica que dentro desta mesa haberá mesas de traballo específicas por sectores «Propoñemos tamén que existan mesas sectoriais de traballo que sirvan para debater e tratar as cuestións específicas de cada un dos sectores productivos e asociativos».

    Os populares aseguran que, agora máis que nunca, hai que facer un esforzo en incrementar as partidas de servizos sociais para as familias que o necesiten e axudar a todos os sectores de Poio.

    Os populares recordan que son moitos os sectores afectados pero tamén moitos os fogares de Poio que dependen de estos sectores afectados, moitos fogares nos que algún ou todos os seus membros se adican o sector do mar, rexentan bares e restaurantes, perruquerías, librerías e demáis negocios, noutros moitos algún ou todos os seus membros víronse afectados por un ERTE, a todos eles temos que dar unha resposta consensuada e estar a altura das necesidades do noso pobo da forma máis unida que nunca.

    «A resposta que temos que dar, como Concello, ten que ser no ámbito dos servizos sociais, no ámbito da reactivación económica de todos os sectores productivos, no ámbito da programación cultural, deportiva, etc. e en calquera ámbito que o necesite», recalca Moldes.

    «Agora máis que nunca é momentos de diálogo, de acordos e de consenso para afrontar, loitar e superar a unha crise sen precedentes», conclúe Moldes.

    Por isto, o Grupo Municipal do Partido Popular no concello de Poio instará ao Pleno da Corporación á aprobación dos seguintes acordos:

    PRIMEIRO.– Creación dunha mesa de reconstrucción social-económica do municipio de Poio.

    SEGUNDO.- A composición desta mesa será dun representante de cada grupo da Corporación, representantes dos sectores producitvos, representantes do texido asociativo (cultural, deportivo e veciñal) e técnicos municipais das áreas anteriormente mencionadas.

    TERCEIRO.- Que a mesa de traballo sirva para canalizar e, posteriormente, consensuar as medidas e demandas da veciñanza e de todos os sectores citados.

    CUARTO.- Que os acordos acadados nas reunións desta mesa de reconstrucción social-económica sexan as directrices e o eixe de acción para as futuras decisións políticas que se tomen no noso Concello. 

    QUINTO.- A creación de mesas sectoriais de traballo que sirvan para debater e tratar as cuestións específicas para cada un dos sectores mencionados.