Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pedirá a dimisión do Concelleiro de Facenda se o goberno de Poio volve a incumprir este novo Plan Económico

    • Os populares, unha vez celebrado o Pleno Extraordinario no que o equipo de goberno presentaba o Plan Economico Financiero 2020/2021 imposto polo Ministerio, anuncian que se o goberno volve a incumprir as medidas marcadas e obrigadas neste novo Plan pedirán a dimisión do Concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro, e non descartan solicitar máis dimisións.
    • «O gran problema e o agravante que temos en Poio é que o equipo de goberno xa incrumpriu as medidas impostas polo Ministerio no pasado e incluso incumpriu o anterior Plan Económico Financiero e por iso se vovlen facelo pediremos de inmediato a dimisión de Xulio Barreiro e non descartamos pedimos máis dimisións porque isto pon en perigo, como nunca antes aconteceu, o futuro dos veciños e das veciñas de Poio e tamén de Poio como Concello».
    • «Como oposición responsable votamos a favor deste Plan imposto polo Concello para evitar unha futura fusión do noso Concello».
    • «Criticamos a mala xestión do equipo de goberno, antes era a do bipartito e agora a do tripartito, e ao mesmo tempo votamos a favor deste Plan para que podamos salvar as contas do Concello de Poio porque queremos e necesitamos solucións viables para Poio para nunca ter que chegar a fusión».

     

    19 de maio de 2020. Os populares, unha vez celebrado o Pleno Extraordinario no que o equipo de goberno presentaba o Plan Economico Financiero 2020/2021 imposto polo Ministerio, anuncian que se o goberno volve a incumprir as medidas marcadas e obrigadas neste novo Plan pedirán a dimisión do Concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro, e non descartan solicitar máis dimisións.

    «O gran problema e o agravante que temos en Poio é que o equipo de goberno xa incrumpriu as medidas impostas polo Ministerio no pasado e incluso incumpriu o anterior Plan Económico Financiero e por iso se vovlen facelo pediremos de inmediato a dimisión de Xulio Barreiro e non descartamos pedimos máis dimisións porque isto pon en perigo, como nunca antes aconteceu, o futuro dos veciños e das veciñas de Poio e tamén de Poio como Concello».

    O grupo municipal popular anuncia que as medidas impostas polo Ministerio a Poio son moi drásticas e implican unha intervención total sobre Poio: «As medidas que o Ministerio nos impón e polas que o Concello está intervido son, entre outras, a redución dun 60% o gasto a proveedores respecto o ano 2019, suprimir 603.000€ do orzamento municipal, non poder seguir utilizando o remanente de tesourería, etc. pero estas imposicións son necesarias para reconducir o rumbo e para poder pagar a funcionarios, prestar servizos a veciños e investir en infraestructuras», indica Pereira.

    Os populares votaron a favor de este Plan Económico imposto polo Ministerio para non ter que chegar, en ningún caso, a ser fusionados noutro Concello: «Como oposición responsable votamos a favor deste Plan imposto polo Concello para evitar unha futura fusión do noso Concello».

    Os populares, como grupo da oposición, explican que o máis fácil sería criticar todo do goberno e votar en contra de toda posible solución: «Criticamos a mala xestión do equipo de goberno, antes era a do bipartito e agora a do tripartito, e ao mesmo tempo votamos a favor deste Plan para que podamos salvar as contas do Concello de Poio porque queremos e necesitamos solucións viables para Poio para nunca ter que chegar a fusión».