Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE SILLEDA CUESTIONA AS OBRAS LEVADAS NO VIAL DE TOXA E PIDE SOLUCIONS

     

    Silleda, 15 de maio de 2020.- Tralas últimas chuvias o vial de Toxa volveu a anegarse totalmente o que fai que quede totalmente intransitable. O Partido Popular de Silleda xa alertara a finais do ano pasado do mal estado no que se atopaba esta pista que une Toxa e Margaride dende a carretera de Escuadro a Silleda.

    A pesar de que dende o Concello se informou poublicamente de que se arranxara esta pista e que incluso se cambiaran as tubaxes para evitar as escorrentías, o certo e que a realidade deixa en evidencia que o arranxo do Concello non solucionou o problema.

    Dende o Partido Popular o seu voceiro Ignacio Maril voltou a reclamar unha solución para este vial, “O Concello ten que deixarse de remendos e dar unha solución definitiva a este vial, non sabemos que tubaxe puxeron pero vese que resulta insuficiente polo que hai que dar unha resposta axeitada, por aforrar unhos poucos euros o final os arranxos non valen para nada e gastamos o doble por que ahí que volver a facer as obras, neste caso en pouco máis de seis meses, cos atrancos que esto lle produce a tódolos veciños.”

    Os populares puxeron o foco das súas reclamacións tamén sobre a limpeza das cunetas, xa que con agravan este tipo de problemas, “Estamos vendo como tódalas cunetas do noso Concello se encontran a monte, nun momento no que as tormentas e as chuvias suelen ser moi habituais, o que ven a agravar aínda máis a situación xa que a maleza impide que a auga discorra normalmente e o final acaba causando asolagamentos, polo que novamente lle pedimos o Concello que faga o seu traballo e limpe as cunetas cantos antes para evitar estes problemas, e para que os veciños podan circular polas estradas do Concello con seguridade, xa que en moitos sitios e totalmente imposible que pasen dous coches o mesmo tempo.”

    O voceiro do PartidoPopular finalmente esixeulle o Alcalde unha actuación inmediata neste punto que solucione o problema dunha vez por todas, “O Alcalde ten que comprender que con fotos e propaganda non se van nin a arranxar os viais, nin a limpar as cunetas,o que ten que facer e dar dunha vez por todas unha solución definitiva a esta situación e a outas moitas que hai no noso Concello pola falta de mantemento.”