Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PARTIDO POPULAR LAMENTA O ABANDONO DA FEIRA POR PARTE DO CONCELLO

     

    Silleda, 14 de maio de 2020. O Partido Popular de Silleda lamentou que a feira da Bandeira retomara a súa actividades sen que o goberno local tomara ningún tipo de medida, e sen ningún tipo de control por parte do Concello que tan so se limitou a informar os feirantes a través da policía local de que os postos deberían gardar entre si unha distancia mínima.

    Esta situación provocou que a pesar de haber espacio de abondo, os postos estuveran espallados sen ningún control, o que xerou o desconcerto de algunhos feirantes que se queixaron da falta de información e planificación.

    Dende o Partido Popular, lamentaron esta deixadez por parte do Concello, “Ou non son conscientes da importancia que teñen as feiras no noso Concello, ou e que lles da todo igual. Non sabemos para que queremos unha concelleira de comercio que cobra un bo soldo do Concello se nin sequera se preocupa por vir a ver o que acontece na feira, aínda que se é para vir a dar unha volta polo medio da feira no coche como fixo o Alcalde, case mellor que non veñan.”

    Dende as filas populares lamentaron tamén que non se tuveran en conta ningunha das medidas que se lle propuxeron o Concello. ”Non decimos que as acollan todas, pero que non tomaran en consideración ningunha delas parecenos lamentable, e é algo que non merecen nin os nosos veciños nin os feirantes que fixeron un gran esforzó por achegarse ata o noso Concello a instalar os seus postos.”

    O voceiro do Partido Popular de Silleda, Ignacio Maril, lamentou a deixadez do Concello en relación co ocurrido noutros lugares da nosa comarca. “E moi triste ver como os propios comerciantes falaban doutros sitios, incluso dentro da nosa comarca, e nos decían que se puxeran en marcha medidas como o reparto de mascarillas xa solicitada polo grupo municipal do Partido Popular, e que sin embargo no noso Concello se sentiran absolutamente abandonados.”

    Asimesmo, e despois de trasladarlle as medidas que se propuxeron dende o Partido Popular ó Concello, Ignacio Maril animou os feirantes a que fagan as súas achegas para poder trasladarllas o Concello e así intentar que a feira volva a retomar a normalidade o antes posible e dunha forma segura tanto para os feirantes como para os veciños que se acheguen a ela.

    Ignacio Maril salientou tamén o bo facer dos feirantes, ”Estuvemos dando unha volta e falando cos feirante, e pudemos comprobar que o cumplimento das normas por parte de todos eles era exemplar, o que é unha garantía para a celebración das feiras. Queremos agradecer a todos os que acudiron por apostar unha vez máis polas nosas feiras aínda que os tempos non sexan os mellores, a animamos os que non puderon acudir a que o fagan o vindeiro día 29.”