Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda destaca a transformación de Galicia nos últimos once anos co Goberno de Feijóo

    • Reuniuse coa xunta local e afiliados do PP de Bueu.
    • Sinala que o 5 de abril hai que elixir entre a estabilidade do Goberno de Feijóo ou un multipartito cuxo líder se descoñece.

     

    11, marzo, 20.- O presidente e candidato do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, reuniuse onte pola noite coa xunta local e afiliados do Partido Popular de Bueu, dentro da rolda de reunións que está desenvolvendo por toda a provincia para organizar a campaña do 5 de abril. Rueda chamou á mobilización, a que traballen como se fosen as eleccións municipais que permitiu aos populares duplicar a súa representación neste concello.

    “A forza do noso partido está nas persoas, nos afiliados e simpatizantes do PP, a base, a forza da que non pode presumir ningún outro partido. E por iso nestas catro semanas que nos quedan, temos que facer o que mellor sabemos: saír á rúa, falar e escoitar á xente”.

    Nesta liña, enxalzou a importante labor desenvolta nestes meses por Elena Estévez e os membros do seu equipo, e resaltou que esa mesma forza será clave para que Feijóo revalide a súa cuarta maioría absoluta o 5 de abril. “Só hai dúas opcións, a estabilidade do Goberno de Feijó ou un multipartito sen líder”. Unha estabilidade, seguiu, “que foi fundamental para a transformación que vivimos en Galicia nos últimos once anos con Feijóo”.

    Por iso, incidiu na importancia de estar na rúa para presentar propostas, pero sobre todo para explicar todo o bo que se fixo. “Temos moito do que presumir”, recoñeceu, ao referirse a que os galegos gañan pagando menos impostos, con máis medios para conciliar, coa mellor educación pública da nosa historia, coa universidade máis accesible, con máis políticas sociais para os maiores, con máis exportacións e cunha sanidade con máis infraestruturas, máis prestacións e tratamentos.