Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda sinala que o 5 de abril hai que elixir entre a estabilidade do Goberno de Feijóo ou un multipartito cuxo líder se descoñece

    • Reuniuse coa xunta local e afiliados do PP de Soutomaior.
    • Puxo en valor a importante evolución demográfica deste concello e salientou as medidas do Goberno galego para que Galicia sexa o mellor lugar para as familias.

     

    10, marzo, 2020.- Para o presidente provincial do Partido Popular, Alfonso Rueda, o 5 de abril a cidadanía elixirá entre dúas opcións, entre a estabilidade do Goberno de Feijóo ou un multipartito cuxo líder se descoñece.

    Así o explico una reunión que mantivo coa xunta local e afiliados do PP de Soutomaior, na que recordou que “somos o partido que máis se parece a Galicia pero tamén somos o partido que máis defende a Galicia”, e salientou que o PP está defendendo en Madrid os 370 millóns de euros que o Goberno central debe aos galegos e que paralicen a modificación do regulamento de Costas, que vai prexudicar a un sector fundamental para a provincia.

    Por iso, Rueda pediu o máximo traballo de aquí cara o 5 de abril. “A forza do noso partido está nas persoas, nos afiliados e simpatizantes do PP, a base, a forza da que non pode presumir ningún outro partido. E por iso nestas catro semanas que nos quedan, temos que facer o que mellor sabemos, falar e escoitar á xente”.

    Ademais, Rueda puxo en valor a importante evolución demográfica de Soutomaior, que supón unha excepción á tendencia xeral, xa que o demográfico descende na maior parte dos concellos. O que pon de relieve, a xuízo do líder provincial, que “as cousas se están facendo moi ben, está aproveitando a súa localización para convertese nun modelo de residencia, un lugar onde instalarse e crear unha familia”.

    Nesta liña, o presidente provincial salientou todas as medidas que o Goberno galego puxo en marcha para que Galicia sexa o mellor lugar para as familias, e referiuse, por exemplo, a que Galicia vai a primeira autonomía en ter unha Lei de Impulso Demográfico, o que significa, que se van investir 800 millóns de euros anuais para facer de Galicia o mellor lugar para as familias, para que conten con máis facilidades que en ningunha outra parte. Una das medidas, que xa se aplicarán a partir do 1 de abril, é a gratuidade das escolas infantís para os segundos fillos e sucesivos, da que tamén se beneficiarán as familias de Soutomaior, pero tamén puxo en valor a tarxeta benvida, que se amplía ata os 4 anos para as familias especialmente vulnerables, ou o bono concilia, entre outros.