Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Alfonso Rueda: “somos o partido que máis se parece e que máis defende a Galicia”

    • Xunto á tamén candidata, Elena Suárez, reuniuse con afiliados e simpatizantes do PP de Vilagarcía.
    • “Son o músculo do PP, a base, unha forza da que non pode presumir ningún outro partido e da que nos debemos sentir todos profundamente orgullosos”, sinala.

     

    10, marzo, 2020.- O presidente e candidato do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, destaca que aínda que o obxectivo para o 5 de abril non é fácil, “o PP conta co mellor líder, porque non hai comparación posible entre Alberto Núñez Feijóo e o resto de candidatos; ten unha mensaxe clara, dicimos a miúdo que somos o partido que máis se parece a Galicia pero é que tamén somos o partido que máis defende a Galicia; e conta cun equipo de persoas, o músculo e a base do partido, disposta a traballar arreo durante estas semanas”.

    Foi durante a reunión que onte pola tarde tivo con afiliados e simpatizantes do PP de Vilagarcía, na que tamén participou a candidata Elena Suárez. Rueda aproveitou para poñer en valor a importancia de todas os afiliados e simpatizantes comprometidos co proxecto do PP, que forman parte da campaña que non se ve, pero que é fundamental para acadar resultados. “Sodes o músculo do Partido Popular, a base, unha forza da que non pode presumir ningún outro partido e da que nos debemos sentir todos profundamente orgullosos”.

    Así, “para gañar as que son, posiblemente, as eleccións máis decisivas na historia do noso partido, porque nun escenario no que non hai maiorías absolutas, podemos conseguir a cuarta consecutiva, temos que facer a campaña como sabemos: en todas partes”. Nesta liña, incidiu en “o bo ambiente que se respira non debe traducirse nun exceso de confianza, porque a vitoria hai que traballala e pelexala”. Traballala, sinalou, como sempre fai o PP, porta a porta, cara a cara, na rúa, en todas partes.

    Sobre isto tamén se referiu a candidata Elena Suárez, que puxo en valor que “hoxe o PP está mais unido que nunca na cidade, e confiamos que esta nova etapa se traduza nun bo resultado nas urnas. Non podemos confiarnos e por iso faremos unha campaña de contacto directo coa cidadanía”.

    Por último, sinalou que “estamos con ilusións renovadas, cargados  de enerxía e preparados para representar e defender os intereses de Vilagarcía, O Salnés e Pontevedra no Parlamento de Galicia”.