Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O CONCELLO DE POIO PAGOU PARA TER MÁIS “ME GUSTA” NO SEU FACEBOOK, DE HABITANTES DUN ARQUIPÉLAGO NO PACÍFICO.

    • ANUNCIO DA MANIFESTACIÓN POLA SANIDADE TIVO UN AUMENTO NOS “ME GUSTA” DO 2500%, A PRÁCTICA TOTALIDADE DE EXTRANXEIROS.
    • O PP denuncia que o goberno local “inflou” as reaccións ao anuncio en Facebook da “Manifestación en defensa da Sanidade Pública Galega”, que ten máis de 570 “Me Gusta” –máis que todos os demais “posts” deste ano xuntos-, dos que máis do 95% son de residentes en Papúa Nova Guinea, un conxunto de illas cerca de Australia.
    • Ante esta e outras irregularidades, os populares solicitaron un informe sobre a estrutura e actividade das redes sociais institucionais do Concello que aínda non foi entregado.
    • Ángel Moldes advirte que as contas institucionais nas redes sociais son un instrumento para comunicarse cos cidadáns, financiado con diñeiro público e suxeito ás normas administrativas, co concelleiro delegado e o alcalde como únicos responsables, polo que anuncia que, de confirmarse prácticas irregulares, pedirán responsabilidades políticas e mesmo legais.

     

    Poio, 10 de marzo de 2020. O PP de Poio informou este martes dunha situación insólita sucedida en febreiro na conta institucional do Concello de Poio en Facebook, onde a publicación anunciando a “Manifestación en Defensa da Sanidade Pública Galega” do 9 de febreiro (pode consultarse en: https://www.facebook.com/ConcellodePoio/photos/a.985123848210012/2695656680490045 , recibiu 572 “Me Gusta” –un aumento do 2.500% con respecto ao impacto medio das publicacións do concello, que case nunca superan as 20 reaccións-, coa particularidade de que máis do 95% desas reaccións foron de residentes en Papúa Nova Guinea, un arquipélago do Pacífico.

    Así, das 572 “Me Gusta”, “Me Encanta”, etc. da públicación, apenas unha docena son de veciños de Poio ou con nomes ou residencia en España, mentres máis de 550 teñen nomes como Khazin Bwoy Lerori, TO JH UX Tāßēl, Wīld Mãrñ Blø Wērmãrñ, ou Skïññy Vhavïïñã Tõllãïï, e se corresponden a perfís de habitantes dese estado cerca de Oceanía.

    O voceiro do PP de Poio explicou que os primeiros en decatarse desta situación foron veciños de Poio, sorprendidos polo inusual impacto da publicación, “a primeira sorpresa foi ver que esa publicación en particular ten máis reaccións que a suma de todos os posts que fixo o Concello no que vai de ano, pero ao revisar a identidade dos que reaccionaron, saltaron todas as alarmas, xa que apenas unha docena son veciños de Poio ou teñen nome e apelidos europeos”.

    Para os populares, é evidente que o Concello pagou para inflar as reaccións a esta publicación, polo que a finais de febreiro solicitaron un informe completo sobre a estrutura e actividade das redes sociais institucionais que aínda non foi entregado.

    Ángel Moldes advirte que as contas institucionais nas redes sociais son un instrumento para comunicarse cos cidadáns, financiado con diñeiro público e suxeito ás normas administrativas, co concelleiro delegado e o alcalde como únicos responsables, polo que anuncia que, de confirmarse prácticas irregulares, pedirán responsabilidades políticas e mesmo legais.