Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O Partido Popular destaca as medidas de conciliación e corresponsabilidade postas en marcha pola Xunta

    • Alcaldes e concelleiros reuníronse coa Directora xeral de Familia, Amparo González, para coñecer as novidades e propostas nesta área.
    • 4.700 familias da provincia beneficiaranse a partir de abril da gratuidade das escolas infantís a partir do segundo fillo.

     

    13, febreiro, 20.- Alcaldes, voceiros e concelleiros do Partido Popular de Pontevedra participaron esta tarde nunha reunión coa coordinadora de Política Social e Igualdade provincial, Marián García, e a Directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, para coñecer as iniciativas e novidades propostas nesta área polo Goberno autonómico.

    Amparo González salientou a Lei de impulso demográfico, que destinará 800 millóns de euros anuais para facer da comunidade o mellor lugar para as familias. O obxectivo, sinalou, é ofrecer facilidades para as familias que queiran ter fillos e entre as medidas que se inclúen destacan a gratuidade das escolas infantís para os segundos fillos e sucesivos, medida se implementa a partir de abril e da que se van beneficiar 4.700 familias da provincia, ou a ampliación da Tarxeta Benvida para as familias en situación de especial vulnerabilidade.

    A directora xeral explicou tamén outras iniciativas que facilitan a conciliación nos concellos de menos de 5.000 habitantes, como as casas niño e as casas do maior. Concretamente, na provincia hai casas niño en Pazos, Dozón e A Lama. Nos próximos días sairá a convocatoria extraordinaria de axudas para a creación destes servizos e ás que son susceptibles de acollerse concellos como Modariz, Fornelos ou Cuntis. No que respecta ás casas do maior, actualmente están en funcionamento en Pazos e Arbo.

    Ademais tamén incidiron na ampliación do Bono Concilia e o Bono Coidado, o impulso dos programas de respiro familiar para persoas coidadoras, a discapacidade e a dependencia, etc.