MÁIS DE 20 DÍAS DESPOIS O GOBERNO MUNICIPAL SEGUE SEN LIMPAR O VIAL DA IGREXA DE SIADOR 

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • MÁIS DE 20 DÍAS DESPOIS O GOBERNO MUNICIPAL SEGUE SEN LIMPAR O VIAL DA IGREXA DE SIADOR 

     

    Silleda, 11 de febreiro de 2020.- O Partido Popular de Silleda denunciou que a día de hoxe, máis de 20 días despois de  solicitar a súa limpeza, mantense a situación no vial que discurre fronte a igrexa de Nosa Señora da Saleta en Siador, e no que se viñan acumulando as polas e ramallos froito do acopio de madeira que se fai regularmente neste lugar.

    Dende o Partido Popular o seu voceiro Ignacio Maril lamentou que o goberno municipal siga desatendendo as peticións de limpeza nesta punto, “É intolerable que máis de 20 despois de denunciar a situación na que se encontra este vial, e a pesares do risco que supón para os veciños que transitan por esta zona, o goberno municipal siga mirando para outro lado, o señor Cuíña ten que tomar de xeito inmediato as medidas oportunas para limpar esta zona.”

    Dende as filas populares calificaron de “pasotismo”  a actitude que o goberno municipal ven mantendo ante as demandas dos veciños de Siador. “E incrible a deixadez deste goberno e a falta de control que existe dende o Concello sobre este punto de almacenamento de madeira, xa que non so e que dane o vial e as cunetas, e que ademáis perxudica o día a día dos veciños que teñen que transitar por este vial, e que é un dos máis transitados da parroquia, ¿Qué é o que ten que ocorrer para que o Alcalde escoite as peticións dos veciños?, ¿Hai que esperar a que algún veciño esbare ou sufra un percance co seu vehículo nesta zona?”.

    Ignacio Maril recordou que, “Non lle estamos pedindo que faga nada extraordinario, ou que supoña invertir un montón de cartos. O único que pedimos e que tome as medidas oportunas para que este vial volva a normalidade, ven pedindolle a quen lle corresponda que execute a limpeza do mismo, ou ben cos recursos do Concello dun xeito inmeidato. O que non se pode permitir e que para unha incidencia destas os veciños teñan que estar máis de 20 días esperando a que o Señor Alcalde decidad tomar unha decisión e actuar.

    Por desgracias os populares recordaron que este non e un feito aillado dentro do noso Concello, “Levamos meses denunciando o mal estado no que se encontran algunhos viais  pola falta de limpeza como por exemplo a pista que vai hacia Vilaverde dende a igrexa de San Tirso de Manduas, ou mesmo este de Siador, o que provoca  grandes trastornos non so nos veciños senon tamén moitas veces no normal funcionamento do transporte escolar polo perigo que supón o estado no que se atopan os viais do noso Concello, sen embargo dende o goberno local sempre deciden mirar para outro lado e non resolver os problemas dos veciños. O señor Cuíña ten que asumir as súas responsabilidades, e tomar as medidas precisas para que non se den estas situacións, aínda que semella que o que menos lle importa son os problemas dos veciños, él anda o seu.”