Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP pregunta ao Bipartito que ten que esconder en Príncipe Felipe para denegarlle o acceso aos seus deputados provinciais

    • Jorge Cubela critica que impidan o paso ao PP mentres organizan visitas guiadas, con convocatoria de medios incluída, a alcaldes da mesma cor política do goberno provincial.
    • “É cuestión de cores políticas?”, pregunta o voceiro, que pide a Carmela Silva que deixe de utilizar a institución con fins partidistas.

     

    11, febreiro, 2020.- O grupo provincial do Partido Popular denuncia que o Bipartito da Deputación de Pontevedra impide o acceso dos deputados ás instalacións do Príncipe Felipe. “A xustificación oficial é que está restrinxido para familiares das persoas usuarias debidamente autorizadas, pero a realidade é que queren esconder que levan cinco anos sen facer ningunha das labores de mantemento que lle corresponden á Deputación no Príncipe Felipe”, critica o voceiro Jorge Cubela

    Ademais, cuestiona que este acceso estea prohibido para os deputados provinciais que queren desenvolver a súa labor de oposición, mentres fan visitas guiadas para alcaldes da cor política do Bipartito. “Que pasa, que as instalacións están pechadas para os deputados provinciais do Partido Popular pero abertas para o PSOE e BNG? É cuestión de cores políticas?”, pregunta o deputado, que pide a Carmela Silva que deixe de utilizar a institución con fins partidistas. “Xa está ben de que usen a Deputación como plataforma política de Carmela Silva e do PSOE, porque xa non sabemos onde acaba a institución e onde comeza o partido socialista”.

    Refírese, por exemplo, á visita que fixo o alcalde de Pontevedra ás instalacións con convocatoria de medios incluída. Unha visita na que o Bipartito ofrecía as instalacións a veciños e entidades e na que, segundo recolle a propia páxina web da Deputación (https://www.depo.gal/web/edepo/-/noticia-eva-vilaverde-ofrece-as-instalacions-de-principe-felipe-a-vecinanza-e-entidades-da-contorna), o alcalde, a deputada delegada e unha representación do equipo técnico iniciaron o percorrido polo centro de día e de acollida para nenos e nenas de 0 a 7 anos e a continuación visitaron a escola infantil, os módulos de convivencia para rapaces maiores de 7 anos, o auditorio e as instalacións exteriores. Ademais do contacto cos rapaces e as rapazas dos centros e de coñecer o traballo educativo e asistencial in situ, tamén puideron profundar sobre as cuestións técnicas e pedagóxicas de cada unidade.

    Por último, pide que deixen de pechar as portas e as ventás dos edificios provinciais. “Primeiro pecharon o Pazo para os alcaldes, colectivos e clubs; despois prohibiron o acceso aos edificios centrais do Museo para ocultar tamén cinco anos de abandono, e agora pechan o Príncipe Felipe ao Partido Popular”.

    Os deputados provinciais do PP presentaron o 10 de xaneiro un escrito por rexistro da Deputación para solicitar autorización para visitar as instalacións do Centro Príncipe Felipe, e poder desenvolver así as funcións propias do seu cargo, como coñecer o estado no que se atopan os diferentes edificios que forman parte da institución provincial.