O PP esixe ao Bipartito de Salceda que deixe de botar balóns fóra co saneamento municipal

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP esixe ao Bipartito de Salceda que deixe de botar balóns fóra co saneamento municipal

    •  Santiago Davila di que debería ser unha das principais preocupacións para o bigoberno que perdeu as eleccións.
    • Esiximos que adiquen recursos do Plan Concellos para dotar deste servizo ao rural salcedense.
    • Nos seis meses que levan de Goberno, non hai nada positivo para os veciños en canto ao alcantarillado.

     

    7 de febreiro de 2020.  Os populares veñen de manifestar a súa preocupación pola deixadez e escusas do bigoberno respecto do saneamento, unha competencia municipal e que non teñen como prioridade a día de hoxe. “O Saneamento debería ser un dos principais retos a afrontar desde o bipartito para este mandato. Sen dúbida, é unha das principais preocupacións e, por ende, unha forte demanda por parte dos veciños salcedenses. Hai parroquias con nulo ou escasos metros de colectores nas que é primordial comezar a investir”, defende Santi Davila.

    Dende o grupo municipal, queren manifestar o seu asombro cando len e ven como, “algúns e algunhas representantes políticos de Salceda deberon esquecerse cales son as competencias dos entes locais, e recordámoslle, como sinala a Lei 9/2010, de 4 de novembro de Augas de Galicia, tanto o abastecemento domiciliario de auga potable e o seu control sanitario, como o alcantarillado son competencias que corresponden aos entes locais, polo que, os municipios (saneamento) deberán prestar dito servicio” sentencia o voceiro popular. Polo tanto, engade, unha cousa é que se poidan facer obras coa axuda doutras administracicóns e outra ben distinta de quen é a competencia, e polo tanto, que administración debe velar e proxectar a ampliación destes servizos básicos para os veciños.

    Por iso, os populares propoñen que o Bipartito de Salceda destine fondos do Plan Concellos 2020 para facer estas obras. “Consideramos que é momento de facer bos investimentos que melloren os servizos e benestar de todos os veciños de Salceda, e por iso pedimos que, ao igual que fan outros concellos como Mos ou O Porriño, o Bipartito de Salceda destine estes cartos para ampliar o saneamento no concello”.

    Para Davila, xa non valen as escusas, e por iso lles pide “que se adiquen a gobernar e xestionar en vez de falar tanto da oposición, que teñen adicacións e asesores de abondo para deixar de queixarse en asumir de unha vez por todas as responsabilidades que eles decidiron coller, e que os veciños non llas deron nas urnas”. Por último di que os concelleiros do PP seguirán sumando en todo aquello que sexa razoable, coherente e necesario, con prioridades ben definidas, como é o saneamento.