Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia as mentiras e a incapacidade na xestión turística dos 3 Alcaldes

    • O PP recorda que nos últimos meses e anos Sobral e outros membros do goberno prometeron recuperar ou conseguir a bandeira para Xiorto, Raxó, Laño ou Lourido, pero a verdade é que só a solicitaron para unha praia,a de Cabeceira, como admitiron a preguntas dos populares.
    • «O mar e o turismo son sectores estratéxicos para Poio nos que, aínda que pareza incrible, os 3 Alcaldes están a empeorar a lamentable labor do Bipartito. Mentres outros concellos van a máis, Poio vai a menos», subliña Rocío Cochón, que destacou a falta absoluta de interese, iniciativa e respostas do goberno local e en particular da actual responsable Silvia Díaz.
    • O desinterese polo turismo é unha mostra dun concello paralizado e sen proxecto. Luciano Sobral está contando os días para coller a xubilación e esa falta de ilusión e de futuro contaxia toda a xestión do Tripartito: «Para xestionar o turismo e calquera outra área dun concello como Poio fan falta ilusión e ganas».

     

    Poio, 8 de Febreiro de 2020. O PP de Poio acusou este venres aos 3 Alcaldes de mentirlles un ano máis aos veciños en relación ás Bandeiras Azuis, unha mentira que reflexa «a falta absoluta de seriedade na xestión do mar e do turismo, dous sectores estratéxicos en Poio», según a concelleira Rocío Cochón.

    Cochón recordou que nos últimos anos, conforme os organismos internacionais que conceden as bandeiras azuis foron retirando estes distintivos a praias de Poio, Luciano Sobral e outros membros do goberno local prometeron que pedirían a bandeira azul para distintos areais, e mentiron sempre: «Cando Xiorto perdeu a bandeira azul en 2018 por non haber depuradora, Nito mentiu sobre os motivos e tivo que contestarlle a propia Organización Internacional ADEAC. Despois anunciou que a volvería pedir en 2019 e mentiu tamén, e xa non a volveu pedir tampouco este ano. Nos últimos anos prometeu que ía pedir a bandeira azul para O Laño, para Raxó e hai apenas uns meses, en xullo de 2019, anunciou que solicitaría a bandeira para Lourido, e outra vez era mentira».

    O PP explicou que ante o silencio do goberno local, os concelleiros populares preguntaron formalmente “cantas bandeiras azuis se solicitaron para a tempada 2020” na comisión informativa de Cultura, presidida por Silvia Díaz, responsable de Turismo, que non foi capaz de contestar inmediatamente, «o que xa di moito sobre o nivel da xestión do turismo» e recibiron a contestación por escrito hai uns días, onde se certifica que a única praia para a que se pediu a Bandeira Azul este ano foi, de novo, a de Cabeceira.

    «En 2020, Poio, un municipio teoricamente de interese turístico, e con 20 km de praias, volverá a ter unha soa praia candidata a bandeira azul, as mesmas que Ponte Caldelas, que non ten mar, e menos que outros concellos da contorna de todas as cores políticas, como Sanxenxo, Cangas, Bueu, Marín... », lamentou a concelleira popular, resaltando que «O mar e o turismo son sectores estratéxicos para Poio nos que, aínda que pareza incrible, os 3 Alcaldes están a empeorar a lamentable labor do Bipartito. Mentres outros concellos van a máis, Poio vai a menos».

    Cochón destacou a penosa xestión do turismo en Poio, e a falta de interese e de iniciativa dos 3 Alcaldes neste campo: «Non hai ningún plan para desestacionalizar, nin de promoción e mesmo Silvia Díaz estes días demostrou que non ten ideas neste eido, dicindo nunha entrevista recente que “desestacionalizar é moi difícil”, cun discurso cheo de vaguidades e chegando a afirmar que “en Combarro non hai que facer máis aparcamentos porque xa hai demasiados turistas”... Este é o nivel da xestión turística en Poio».

    Para os populares, a xestión do turismo é unha mostra dun concello paralizado e sen proxecto. Xestionar o turismo, o mar e todas as áreas dun concello dinámico e con potencial de 17.000 persoas esixe un ritmo e unha capacidade de traballo que os 3 Alcaldes non teñen.

    «Luciano Sobral non vai pelexar por ter máis bandeiras azuis ou traer máis turistas a Poio porque está contando os días para coller a xubilación e esa falta de ilusión e de futuro contaxia toda a xestión do Tripartito», lamentou Cochón: «Respetamos as decisións persoais de Sobral de retirarse de cara á seguridade social ou a situación laboral que queira asumir, pero non nos parece serio que o alcalde quede na alcaldía como pensionista simplemente para evitar pelexas internas e que rompa o Pacto de Perdedores dos 3 Alcaldes».

    «Se durante os últimos anos o agotamento do proxecto de Sobral era evidente, agora que temos que pensar? Unha persoa que está contando os días para xubilarse non ten ilusión por gobernar, e para xestionar o turismo e calquera outra área fan falta ilusión e ganas»