Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Pepa Pardo: “No PP non aceptamos leccións de feminismos, nós defendemos a igualdade con feitos”

    • Di que “xa está ben de etiquetar a feministas polo partido no que militen e a súa cor política”, e pide deixar de politizar na loita pola igualdade.
    • Recorda que Carmela Silva votou nos últimos meses ata dúas veces en contra de medidas para a conciliación na Deputación só porque a proposta partía dos populares.

     

    10, febreiro, 2020.- A voceira do grupo provincial do Partido Popular, Pepa Pardo, critica a “dobre moral” do Goberno de Carmela Silva coa igualdade, e lamenta que para o PSOE a loita pola igualdade sexa cuestión de siglas, “cousa que non debería existir”.

    Nesta liña di que “xa está ben de etiquetar ás feministas polo partido no que militen e a súa cor política”, e pide deixar de politizar na loita pola igualdade.

    Pardo di que “non aceptamos ningunha lección de igualdade nin de feminismo, porque nós defendemos a igualdade con feitos, que é o importante, e é o que tamén debería facer Carmela Silva e o seu goberno. Más feitos e menos palabrería”.

    Así, recorda que mentres Carmela Silva fai discursos en prol da igualdade, no pleno da Deputación vota en contra da conciliación e da corresponsabilidade. “Esa dobre moral do PSOE xa non convence a ninguén”, sinala. Refírese ao voto en contra do PSOE ás mocións presentadas polo PP para pedir o voto telemático e, no último pleno, para implementar o teletraballo. “Non foi un voto en contra ao Partido Popular, foi un  voto en contra á conciliación e á corresponsabilidade, pero hoxe ten a osadía e desvergoña de cuestionar o noso compromiso coa igualdade e a violencia de xénero”.