Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP presenta o proxecto de ampliación do Parque Infantil da Chousa

    • A proposta, presentada por Ángel Moldes e Tucho Muíños, multiplica por 5 a superficie da área de xogo e a converte nun parque «moderno, homologado e integrado co entorno» coa identidade de Combarro como protagonista e elementos baseados no patrimonio e no mar.
    • Destacan que o parque actual «non reúne o espazo nin as condicións que demandan os máis de 130 nenos da parroquia e os que nos visitan», e recordan que o PP presentou numerosas iniciativas para amplialo e acondicionalo, rogos, mocións, sinaturas... rexeitadas polo goberno local: para os 3 Alcaldes «nin Combarro nin os máis pequenos son unha prioridade».
    • Recordan que a actuación estaba recollida no programa do PP, o máis votado en todas as parroquia, tamén en Combarro: «Os 3 Alcaldes non teñen proxecto, nin para Poio, nin para Combarro. Nós temos un proxecto, traballado, completo e respaldado polos veciños. A nosa obriga é loitar por levalo a cabo»

     

    Poio, 9 de Febreiro de 2020. O voceiro do PP de Poio Ángel Moldes e o concelleiro responsable de Combarro, Tucho Muíños, presentaron este domingo o proxecto de reforma e ampliación do parque infantil da Chousa, unha actuación «que fai protagonista á identidade de Combarro» pensada para multiplicar a zona de xogo, adaptala ás necesidades dos usuarios e convertila nun parque «moderno, homologado, e integrado co entorno».

    Tucho Muíños a problemática do parque, cun espazo moi reducido de apenas 70 m² e frecuentes desperfectos, que «non reúne o espazo nin as condicións que demandan os nenos e as nenas da parroquia e os que nos visitan».

    Muíños subliñou que o parque non está en condicións de dar servizo aos 130 menores de 10 anos que residen na parroquia, ademais de rapaces e rapazas do resto do Concello, de municipios cercanos e tamén aos numerosos pequenos que nos visitan cada ano xunto as súas familias e lamentou que «as fins de semana e épocas de máis afluencia hai decenas de nenos “competindo” por un tobogán e dous columpios» no centro neurálxico dun dos principais destinos turísticos de Galicia, nunha zona rodeada de establecementos de hostalaría e outros negocios: «Estase a dar un mal servizo aos veciños e unha mala imaxe de Combarro».

    O concelleiro recordou que nos últimos anos o PP intentou poñer remedio a esta situación mediante distintas iniciativas, como rogos, preguntas e mesmo unha moción, en maio de 2016, para ampliar e acondicionar o parque, que BNG e PSOE rexeitaron «de forma incomprensible». Ademais, levaron a cabo unha campaña de sinaturas para a ampliación do parque, rechazada de novo polo goberno local, que tamén se negou a construir unha nova zona de xogos homologada na parroquia. Muíños recordou que o outro parque da parroquia, situado fronte ao porto, non está homologado nin acondicionado e ademais está lonxe da zona de comercio e actividade.

    Muíños rematou explicando que a chegada dos 3 Alcaldes non cambiou nada: «Está claro que para Nito, Chelo e Silvia nin os veciños Combarro nin os máis pequenos son unha prioridade». Así e todo, «cada domingo hai veciños de Combarro que marchan a outras parroquias, ou a Sanxenxo ou Pontevedra para disfrutar cos seus fillos ou netos dun parque infantil en condicións, en vez de pelexarse cun montón de nenos polo único columpio de Chousa».

     

    O PROXECTO DO PP: UN PARQUE MODERNO, HOMOLOGADO E INTEGRADO NO ENTORNO QUE PARTICIPE DA IDENTIDADE DE COMBARRO.

    A continuación, o voceiro popular Ángel Moldes agradeceu a Muíños «todo o que leva loitado para mellorar este parque», recordando que o do PP é o único concelleiro da corporación veciño da parroquia, e deulle as grazas por todas as iniciativas: rogos, mocións, firmas... «un traballo que a xente de Combarro tamén recoñece».

    Moldes explicou o proxecto do PP para a zona de xogos, que suporía unha importante ampliación, multiplicando por 5 a área de lecer infantil cun parque «moderno, homologado e integrado no entorno» que ademais terá como protagonista a propia identidade de Combarro.

    Así, ademais dos xogos e aparátos típicos destes parques, como columpios, tubos, tobogáns e balancíns, o parque proxectado polos populares ten dúas estructuras principais relacionadas con dous elementos característicos de Combarro, o patrimonio e o mar: «Por un lado, un aparato de xogos, completamente homologado, coa forma dun hórreo típico de Combarro, e tamén o casco dun barco bateeiro, representando a tradición mariñeira da parroquia», desta maneira os rapaces terán máis espazo e un lugar máis acondicionado para xogar que porá en valor a historia e as tradicións da parroquia.

    Moldes explicou que esta é unha proposta necesaria e positiva, e un exemplo da labor constructiva que o PP leva a cabo como primeiro grupo da corporación: «Esta actuación estaba incluida no noso programa electoral, co que recibimos o apoio maioritario dos votantes de todas as parroquias nas pasadas eleccións municipais, tamén en Combarro», onde o PP recibiu o 46% dos votos, sendo a primeira forza con moita diferenza: «Os 3 Alcaldes non teñen proxecto, nin para Poio, nin para Combarro. Nós temos un proxecto, e ademais é un proxecto traballdo, completo,  e que escolleron os veciños. A nosa obriga é loitar por levalo a cabo»