O PP acusa a Carmela Silva de levar a Pousada de Ribadumia ata o deterioro por interese político e partidista

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP acusa a Carmela Silva de levar a Pousada de Ribadumia ata o deterioro por interese político e partidista

    • Para Cubela é una “desfachatez que Carmela Silva saque unha foto diante da Pousada cando o único que fixo en cinco anos foi paralizala por intereses políticos”.
    • “A Pousada de Ribadumia reflicte perfectamente o que supón o Salnés para o PSOE da Deputación, unha comarca totalmente abandonada”.

     

    16, xaneiro, 2020.- O Partido Popular acusa á Deputación de Pontevedra de ter “abandonada” a Pousada de Ribadumia durante cinco anos, “polo que é a responsable única da situación de deterioro do edificio e de que un proxecto pioneiro continúe pechado a cal e canto”.

    Nesta liña, o voceiro do grupo provincial, Jorge Cubela recorda que “Carmela Silva leva gobernando cinco anos a Deputación, xa non ten a excusa de que acaba de chegar, e por suposto que é a máxima responsable de que o edificio teña este deterioro. Calquera edificación en desuso durante tanto tempo e sen mantemento de ningún tipo estaría nas mesmas condicións”. Por iso, considera “unha desfachatez que a presidenta vaia ata Ribadumia para sacarse unha foto diante da Pousada cando non fixo absolutamente nada en cinco anos, ao contrario, encargouse de ter o proxecto paralizado, atendendo a razóns políticas e non ao interese xeral dos veciños”.

    Ademais, critica que “van facer un gasto de 150.000 euros que podería terse evitado se Carmela Silva puxese a funcionar a Pousada de Ribadumia desde o inicio”, e asegurou que “se non se puxo foi exclusivamente pola inacción e falta de xestión do equipo de goberno, cunha clara intencionalidade política”.

    Por iso, para o popular, “a Pousada de Ribadumia reflicte perfectamente o que supón o Salnés para o PSOE da Deputación, unha comarca totalmente abandonada na súa xestión”.