Os 3 Alcaldes pretenden enganar os veciños presentando un punto limpo que xa foi presentado en 2017

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os 3 Alcaldes pretenden enganar os veciños presentando un punto limpo que xa foi presentado en 2017

    • PP de Poio a través do seu conelleiro en materia de medio ambiente, Manuel Domínguez, saíu este sábado públicamente valorando a presentación dos 3 Alcaldes “do púnto móbil”, que presentaron xunto co Xerente da empresa adxudicataria Valoriza e o enxeñeiro municipal.
    • «Que casualidade que fagan a presentación do punto limpo móbil despois de anunciar o PP de Poio a presentación dunha moción para sancionar a empresa por incumprimientos reiterativos do contrato avalados pola empresa auditora do contrato, Into Consulting, e polo funcionario responsable do contrario, o enxeñeiro municipal», destaca Domínguez.
    • Os populares denuncian que a empresa ten a obriga por contrato de construir un punto limpio fixo en Poio que xa tiña que estar construído fai 4 anos: «Agora anuncian un punto limpio móbil que xa anunciaran en 2017 para enganar os veciños»
    • «Os 3 Alcaldes, no pacto de goberno, prometeron e asinaron o control sobre as empresas contratadas e a rexeneración e resulta que se dedican a enganar os veciños facendo as mesmas presentacións que en 2017 e encubrindo a Valoriza».
    • «Todo este teatro que montaron foi para tapar o anuncio da moción que imos presentar para impoñer sancións e estudar a resolución do contrato a Valoriza e para seguir así sendo cómplices dos incumprimientos da empresa».

     

    11 de xaneiro de 2020. O PP de Poio a través do seu concelleiro en materia de medio ambiente, Manuel Domínguez, saíu esté sábado públicamente valorando a presentación dos 3 Alcaldes “do púnto móbil”, que presentaron xunto co Xerente da empresa adxudicataria Valoriza e o enxeñeiro municipal.

    «Que casualidade que fagan a presentación do punto limpo móbil despois de anunciar o PP de Poio a presentación dunha moción para sancionar a empresa por incumprimientos reiterativos do contrato avalados pola empresa auditora do contrato, Into Consulting, e polo funcionario responsable do contrario, o enxeñeiro municipal», destaca Domínguez.

    Os populares denuncian que a empresa ten a obriga por contrato de construir un punto limpio fixo en Poio que xa tiña que estar construído fai 4 anos: «Agora anuncian un punto limpio móbil que xa anunciaran en 2017 para enganar os veciños» indica o concelleiro popular.

    «Resulta curiosa a presencia na foto do enxeñeiro municipal, xa que os seus informe mensuais son demoledores e todos eles desfavorables e confirmando unha débeda de Valoriza coa veciñanza de Poio en inversión por importe de 200.000€, onde están eses cartos?, pregúntanse os populares.

    «Os 3 Alcaldes, no pacto de goberno, prometeron e asinaron o control sobre as empresas contratadas e a rexeneración e resulta que se dedican a enganar os veciños facendo as mesmas presentacións que en 2017 e encubrindo a Valoriza», denuncia Domínguez. 

    Os populares denuncian que a foto de onte da presentación do punto limpio móbil (xa presentado en 2017) “representa o compadreo dos 3 Alcaldes cunha empresa que está defraudando os veciños e veciñas de Poio”.

    «Valoriza cobra os veciños de Poio cerca de 1 millón de euros ao ano, o Concello de Poio contratou a unha empresa para facer un seguimento e auditar o contrato para saber si cumpren ou non e resulta que todos os informes da auditora advirten incumprimientos constantes sumados aos informes desfavorables do enxeñeiro municipal. O peor es que os 3 alcaldes non fan nada en contra da empresa adxdicataria, todo o contrario: a cubren», denuncia Domínguez.

    Os populares o teñen claro: «Todo este teatro que montaron foi para tapar o anuncio da moción que imos presentar para impoñer sancións e estudar a resolución do contrato a Valoriza e para seguir así sendo cómplices dos incumprimientos da empresa».

    «Preguntámonos se cando a Alcaldesa Besada afirma que estamos na “descalificación permanente”, refírese a denunciar públicamente o contido dos informes dos técnicos. Ou nos facemos outra pregunta… chegou a ler a Señora Besada os informes dos últimos meses da consultora ou do enxeñeiro municipal? Seguramente se o fixera non se prestaría a facer a "foto do compadreo"», conclúe Domínguez.