O PARTIDO POPULAR DE SILLEDA FORZA UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA REBAIXAR O IBI

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PARTIDO POPULAR DE SILLEDA FORZA UN PLENO EXTRAORDINARIO PARA REBAIXAR O IBI

     

    Silleda, 9 de xaneiro de 2020.- O Partido Popular de Silleda solicitou este martes a celebración dun pleno extraordinario no que se solicita a rebaixa do IBI no Concello de Silleda e que se deixe sen efecto a actualización dos valores catastrais que foi aprobada a finais de decembro, e entrará en vigor neste ano 2020.

    Os populares advertiron que esta nova decisión de revisar os valores catastrais no Concello de Silleda supora un novo incremento dos impostos que terán que pagar os silledenses. Según indicou Ignacio Maril, “Esta medida fará que despois do catastrazo que sufriron os veciños no ano 2018, agora novamente os veciños de Silleda volvan a ver como se incrementa o imposto do IBI, que xa e o máis alto da nosa contorna.”

    Esta nova subida para os populares silledenses débese únicamente o afán recaudatorio do goberno socialista “Xa denunciamos en varias ocasións o espectacular aumento da carga impositiva pasando a recadación de 2.007.718,56 euros no ano 2017, a 2.546.371,54 euros no ano 2018, e decir máis de 500.000 euros en impostos nun só ano, ou de case 600.000 euros na recadación de taxas en catro anos. E agora queren seguir sangrando os veciños para pagarse os seus soldos, viaxes e dietas, e para derrochar en obras como o cambio de Concello que non son unha necesidad para os veciños e lle vai a costar a todolos silledenses máis de 2.500.000 euros según as previsións que se manexan.”

    O voceiro do Partido Popular de Silleda, Ignacio Maril, suliñou que “Non podemos permitir que sigan aumentando os impostos os nosos veciños deste xeito, e por iso solicitamos un pleno extraordinario no que pedimos que se deixe sen efecto a revisión dos valores do catastro por un lado, e por outra banda que se rebaixen os tipos do IBI que son os máis altos dos concellos da nosa contorna.”

    Dende as filas populares sinalaron que “A pesares de que hai marxe para rebaixar o recibo de contribución, o señor Cuíña apoiado polos seus concelleiros, negouse en varias ocasións a rebaixar o recibo da contribución os nosos veciños, o que non nos parece razonable, xa que para moitos veciños maiores do noso rural, ou familias de xente nova con fillos, supón un esforzó moi importante o pago deste recibo, e o señor Cuíña non só non quere baixar o recibo da contribución, senón que o que pretende e subilo. Poderá inténtalo pero non vai a ser co noso consentimento, por eso imos facer todo o posible para que esa subida non se proudza.Tan só pedimos o que é de lei, que é que os nosos veciños paguen un recibo de contribución razonable”.

    Esta subida dos valores do catastro non só afecta o recibo da contribución, senón que tamén suporá un incremento da chamada “plusvalía”, que é o imposto que os veciños pagan cando se transmite un ben de natureza urbana, polo que a subida de impostos afectará tamén os veciños de Silleda cando vendan ou herden un ben destas características, o que contrasta coas políticas de rebaixa de impostos que se veñen implementando dende a Xunta de Galicia para as herdanzas.

    Tal como sinala o regulamento do Concello de Silleda, o Alcalde ten un prazo de 15 días dende a solicitude do Partido Popular de Silleda para celebrar o pleno no que os populares piden a rebaixa dos tipos do IBI. “Esperamos que o Alcalde convoque canto antes o pleno que solicitamos, e se facilite que os veciños que estén interesados podan acudir o pleno, e que nos de as explicacións oportunas sobre a revisión dos valores catastrais que se vai a facer no noso Concello, xa que ata o de agora en ningún momento nos informou de esta circunstancia, nin de si fixo algo para evitarlle esta subida os veciños. Ten que dar explicacións e ten que rebaixarlle dunha vez o recibo de contribución os veciños.”