A CONVOCATORIA DO PLENO EXTRAORDINARIO ÁS 9:15 DA MAÑÁ CONFIRMA «A COVARDÍA DOS 3 ALCALDES»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • A CONVOCATORIA DO PLENO EXTRAORDINARIO ÁS 9:15 DA MAÑÁ CONFIRMA «A COVARDÍA DOS 3 ALCALDES»

    • Pese á petición expresa do PP de convocar o Pleno Extraordinario para rexeitar a subida do IBI nun horario que facilitase a asistencia dos afectados, os 3 alcaldes deciden celebralo de modo que non poidan ir os veciños: «Ademais de opacos, covardes. Era esta a transparencia, a rexeneración e a participación que prometían?»
    • Para os populares «chove sobre mollado» despois de que en menos de 6 meses os 3 alcaldes, se subiron os soldos un 15%, cobran algúns dos impostos e taxas máis altos de Galicia e pediron voluntariamente ao goberno central subir o IBI a todos os veciños pese a ter unha ponencia de valores catastrais moi recente.
    • Ángel Moldes advirte que os veciños de Poio non tolerarán a prepotencia, os abusos e o espolio fiscal dun goberno que ía rexenerar a política e o único que fai é empeorar as peores prácticas do anterior Bipartito con «máis nóminas, máis asesores, menos servizos» e o goberno menos transparente e menos respectuoso cos dereitos da oposición e da veciñanza da historia de Poio.

     

    8 de xaneiro de 2020. O concello de Poio comunicou este mércores a mediodía a data e hora definitivas do Pleno Extraordinario solicitado polo PP de Poio para evitar a subida do IBI dos 3 alcaldes.

    Pese a que o PP instou a Luciano Sobral, tanto no escrito de solicitude do Pleno como publicamente nos medios de comunicación, a celebrar o pleno pola tarde, nun horario no que puidesen asistir o máximo número de afectados, finalmente o Pleno celebrarase ás 9:15 do próximo martes día 14 por vontade do goberno local.

    Para o voceiro popular, Ángel Moldes, esta decisión «confirma a covardía dos 3 alcaldes» e a súa «total falta de transparencia» xa que en xuño pasado aprobaron esta subida «de espaldas á veciñanza, ocultándollo á oposición, e sen pasar por unha comisión ou por un pleno» e agora tampouco queren que se debata en presenza de veciños: «É esta a transparencia e a rexeneración democrática e a participación veciñal que traían no seu pacto de goberno?».

    Moldes reprochou a falta de respecto aos veciños que conleva esta decisión: «Non pode ser que os plenos ordinarios se celebren ás 19:30 horas, como establece o Regulamento Municipal, e á hora de celebrar un pleno monográfico sobre un asunto da máxima importancia para os veciños se poña ás 9:15h cando ademais se lle pediu expresamente que se fixese a unha hora razoable na que poidesen ir as persoas ás que lles van subir a contribución».

    Para Moldes, «chove sobre mollado», xa que desde o comezo deste mandato, os 3 alcaldes pediron “voluntariamente e sen dicir nada aos veciños nin á primeira forza política do concello” a actualización catastral que implicará unha suba do IBI e as Plusvalías, déronse a si mesmos un aumento de soldo do 15%, e seguen cobrando algúns dos impostos e taxas máis altos de Galicia.

    O voceiro popular destacou ademais que, a diferenza dos outros 21 concellos de toda Galicia que solicitaron esta actualización, Poio ten a ponencia de valores máis recente, do ano 2003, e ademais miles de veciños xa sufriron unha revisión en 2018, «e non contentos con iso, agora súbenlle o IBI e outros impostos a todos os veciños».

    Ademais, Moldes lamentou que a decisión é un golpe máis á transparencia por parte de BNG, PSOE e Avante Poio que cando asinaron o “pacto de perdedores” hai a penas 6 meses dixeron que ían traer a participación e a rexeneración e todo o contrario, están a facer o goberno máis escuro da historia: «Firman decretos ilegais para ocultar documentación, seguen sen cumprir a gravación dos plenos, cortan á oposición o acceso telemático aos expedientes, e agora fan un pleno para que non poidan ir os propios afectados. Ademais de opacos, covardes».

    Moldes advertiu que os veciños de Poio non van tolerar esta actitude prepotente por parte dun goberno «que non foi o que se escolleu nas urnas» e lamentou particularmente a hipocrisía de Silvia Díaz, que teoricamente ía traer a rexeneración a Poio e só está contribuindo a empeorar as peores prácticas do anterior Bipartito: «subir os impostos, aprobar máis soldos de Alcaldes, contratar máis asesores, ter máis dedicacións exclusivas e dar menos servizos para os veciños e veciñas de Poio e todo, co goberno menos transparente da historia e sen respectar os dereitos da oposición nin dos propios veciños».

    «Se pensan que a veciñanza vai aguantar a prepotencia, os abusos e o espolio fiscal dos 3 alcaldes moito tempo, están moi equivocados»

Add comment


Security code
Refresh