ALEJANDRO LORENZO: "SERÁ A XUSTIZA QUEN DESMINTA O `RELATO´ DE EVA GARCÍA DE LA TORRE"

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • ALEJANDRO LORENZO: "SERÁ A XUSTIZA QUEN DESMINTA O `RELATO´ DE EVA GARCÍA DE LA TORRE"

    • O portavoz dos populares desminte as declaracións da Alcaldesa sobre os seus seis primeiros meses de goberno e convídaa a facer un exercicio de honestidade e asumir a súa responsabilidade

     

    O Porriño, 3 de xaneiro de 2020.- O portavoz dos populares do Porriño, Alejandro Lorenzo, tachou hoxe de "cómico" o balance da Alcaldesa sobre os seis primeiros meses do seu mandato no que, unha vez máis, acusaba o Partido Popular de " obstruir" a xestión municipal.

    "O dispendio de diñeiro público, a falta de pagamentos a provedores e os millóns de euros de facturación irregular escondida no caixón para evitar render contas do que está a suceder falan por si sós. Por máis que se esforce en `reescribir´ a realidade, será a xustiza, que está a investigar esta grave situación,  quen desminta o relato de Eva García", sentenciou o edil, "Mentres tanto, pode seguir tentando escapar da súa responsabilidade e culpando de todos os seus males ao PP".

    E é que, tal e como apunta Lorenzo, no seu comunicado a alcaldesa "está a negar información veraz aos veciños e veciñas de Porriño nun basto exercicio de falta de transparencia, manipulación e desinformación, proceder ao que xa nos ten afeitos".

    Omite a rexedora no seu balance, que dos 3 millóns de euros en facturas cuxo pago asegura desbloquear "grazas a un acordo político", a maioría correspóndense a débedas adquiridas por sentenza xudicial ao recorrer as empresas á vía do contencioso para reclamar a súa falta de pagamento, coa correspondente imposición de custos e intereses que asumirán os porriñeses cos seus impostos.

    "As reclamacións pola vía do contencioso seguen sucedéndose sen que o Concello exerza debidamente a defensa dos seus intereses nin reclame ningún tipo de xustificación de que estes traballos foron realizados. Existen indicios suficientes para entender que podería existir unha connivencia entre determinadas empresas e o goberno municipal para utilizar a xudicial como primeira vía de pago, co sobrecusto que isto supón para as arcas públicas e evitando así seguir o procedemento que a lei marca para a contratación pública", explicou Alejandro Lorenzo, "Ante feitos de tal gravidade nós estámonos personándonos para exercer a defensa do Concello e reconducir dunha vez por todas a economía municipal. Moito me temo que a xustiza sacará as cores a Eva García".

    Sobre o suposto bloqueo en pleno exercido polos populares, Lorenzo  recordou á rexedora que está "a obviar que este grupo mantén o mesmo número de concelleiros na corporación e a mesma postura ante o desaguisado económico ao que nos enfrontamos". Por tanto entende,  baseándose na simple aritmética, que máis que unha crítica ao grupo municipal do PP, Eva García pretende dar un pequeno tirón de orellas aos seus socios de goberno. "Non somos nós quenes modificamos as nosas formulacións nin o sentido do noso voto dependendo de onde nos sentemos", explicou, "Entendemos pois que se alguén `bloqueou´ por interese a xestión municipal será quen pasou de esixir transparencia e rectitude na xestión do diñeiro público, a ser permisivos coas irregularidades dos seus socios de goberno".

    Alejandro Lorenzo aproveitou tamén para pedir á Alcaldesa, unha vez máis, un exercicio de honestidade e de humildade. "Eva García falta á verdade de maneira reiterada, minte de maneira constante ao resto de grupos, á cidadanía e á opinión pública en xeral dunha maneira xa insustentable e ineficaz", continuou, "Ante a desvergoña das súas declaracións só cabe pensar que está a vivir nunha realidade paralela, pola contra non se entende que saque peito desa `non xestión´ que tan cara está a saír aos porriñeses", sentenciou Lorenzo. Facendo súas as palabras que o portavoz nacionalista e actual tenente de alcalde, Pedro Pereira, referiu o pasado pleno á Alcaldesa, o portavoz dos populares advertiu á rexedora que "ás veces tentamos xustificar unha posición e o que facemos é debilitala".

    Lorenzo concluíu animando a Eva García a facer tamén balance público da xestión levada a cabo para a adquisición e acondicionamento de varios locais comerciais por valor de 1,5 millóns de euros que permanecen tapiados no centro urbano, das constantes queixas veciñais polo abandono que presentan a totalidade das parroquias, do malgaste de diñeiro público en caprichos de catro rodas de alto caballaxe, da falta de proxectos para a execución do saneamento nas parroquias, do estado dos viais e camiños de todo termo municipal, da súa falta de atención aos cidadáns aos que se debe e o abandono inexcusable da súa función de representación do  Concello do Porriño na vida social e cultural do municipio, entre outras moitas cuestións que si preocupan seriamente á poboación do Porriño.

Add comment


Security code
Refresh