Rueda destaca a unidade e a forza do PPdeG: “Quen non pode gobernar a súa casa, non pode gobernar un país”

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Rueda destaca a unidade e a forza do PPdeG: “Quen non pode gobernar a súa casa, non pode gobernar un país”

    •  O presidente provincial do PP participou xunto a Ana Pastor nun xantar con 300 persoas en Ponteareas
    • Recordou que nas últimas eleccións xerais 60.000 persoas optaron por outras opcións de centro dereita que non obtiveron escano e que acabaron favorecendo ao PSOE

     

    1 decembro, 2019. O presidente provincial do Partido Popular de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou hoxe a unidade e a forza do PPdeG durante a comida de Nadal celebrada en Ponteareas ante unhas 300 persoas. “Quen non pode gobernar a súa casa, non pode gobernar un país”, sinalou Rueda, en referencia a outras formacións.

    O presidente provincial participou no xantar xunto á número 2 do PP por Madrid, Ana Pastor, e recoñecidos dirixentes do partido, que quixeron compartir mesa e mantel no restaurante El Otro Mundo del Tea.

    Rueda recordou o ocorrido nas pasadas eleccións xerais, cando preto de 60.000 persoas optaron por outras opcións de centro dereita. “Foron votos tirados ao lixo porque non obtiveron representación, ao igual que pasara na convocatoria de abril, e acabaron favorecendo ao PSOE”, sinalou, e alertou do perigo que iso suceda tamén nas vindeiras eleccións autonómicas.

    O presidente provincial insistiu no ADN do PPdeG. “Somos un partido de centro, reformista e galeguista. Somos o partido que máis se parece a Galicia”, afirmou e puxo en valor os resultados nas xerais de novembro, nas que o PP da provincia creceu nun deputado e nun senador, fronte á baixada do PSOE.

    Por último, lanzou unha mensaxe de cara ás autonómicas: “Falamos do futuro de Galicia e o futuro de Galicia non pode quedar en mans de quen non cre en Galicia”.