Ángel Moldes recorda ao BNG que a Xunta é «con moito» a administración que máis inviste en Poio

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Ángel Moldes recorda ao BNG que a Xunta é «con moito» a administración que máis inviste en Poio

    • O voceiro do PP informa a Luis Bará lémbralle que o goberno autonómico de Núñez Feijóo é o responsable da práctica totalidade dos investimentos no concello, e lamenta que os nacionalistas se empeñan en demostrar que están desconectados da realidade: «Non se enteran».
    • Moldes recorda que a mellora da PO-308 entre Fontenla e Raxó supón un compromiso inversor de 6,5 millóns de euros, ademais das obras en execución na PO-308 en Portosanto, que se engade ao investimento en Centros Educativos, como a rehabilitación integral do CEIP Chancelas, o gasto en Servizos Sociais, e todo tipo de iniciativas como os programas de emprego que financia con 200.000 euros «e logo os 3 alcaldes intentan vender como propios».
    • Moldes advirte que o BNG e os 3 alcaldes son os únicos responsables de paralizar proxectos: «Saben perfectamente que para facer o vial do Vao primeiro o concello de Poio ten que dar unha solución ás familias do poboado e co centro de Saúde a Xunta está agardando a que abandonen as mentiras e a covardía e tomen unha decisión».
    • Para os populares, as declaracións son particularmente bochornosas despois do orzamento presentado esta semana polos 3 alcaldes, e Moldes reta ao BNG local ou autonómico a comparar os investimentos millonario da Xunta cos do Concello, que son inexistentes, e lamenta que Bará se preste a desinformar e ir de recadeiro de Lores por concellos como Poio: «O BNG perdeu todo interese na veciñanza e Poio e así, como demostran as urnas, os veciños de Poio perderon toda a súa confianza no BNG».

     

    Poio, 30 de novembro de 2019. O voceiro do PP de Poio Ángel Moldes lamentou «un novo ridículo do BNG» durante a visita que fixo o parlamentario Luis Bará ao Concello acompañado de membros do BNG local, despois de que Bará mentise falando dun teórico “apagón” inversor da Xunta en Poio e de “maltrato orzamentario” por parte da administración autonómica.

    Moldes informou a Bará que a Xunta é «con moito» a administración que máis inviste en Poio, e o goberno de Núñez Feijóo é o responsable da práctica totalidade dos investimentos no concello en todos os ámbitos de competencia autonómica.

    Para o voceiro popular, a ignorancia que subxace nas palabras de Bará, que imita a actuación bochornosa de hai uns meses da portavoz autonómica nacionalista Ana Pontón, é a proba de que o BNG está empeñado en demostrar que están desconectados da realidade de Poio: «Non se enteran».

    PO-308, PO-309, CENTROS DE ENSINO, SERVIZOS SOCIAIS E O MAIOR ESFORZO INVERSOR EN TODOS OS ÁMBITOS, OBRA DA XUNTA

     

    Moldes non disimulou a súa sorpresa despois de que Bará puxese a PO-308 como exemplo do “apagón inversor” da Xunta: «Máis de 7 kilómetros de beirarrúas, sendas e actuacións, con máis de 6 millóns de euros comprometidos é un apagón?», ironizou, e informou ao nacionalista que só as sendas e entre Fontenla e Raxó, case rematadas, supuxeron un investimento de 4,5 millóns de euros, que xunto ás actuacións entre Fontenla e Chancelas, superarán os 6,5 millóns entre 2019 e 2020.

    Ademais, Moldes recordou que neste mesmo momento tamén se están realizando as obras para a mellora da PO-309 en Portosanto, o que demostra que a Xunta é a única administración preocupada en mellorar a mobilidade e a seguridade en todo Poio.

    Con todo, os investimentos da Xunta non se limitan ás infraestruturas viarias, explicou Moldes, e puxo de exemplo as melloras financiadas pola Xunta nos centros de ensino, en particular a rehabilitación integral do CEIP Chancelas, un dos maiores investimentos deste tipo na provincia, así como as partidas destinadas pola Xunta a servizos sociais, e todo tipo de iniciativas en todos os eidos como os programas de emprego financiados pola Xunta con centos de miles de euros «que despois os 3 alcaldes intentan vender como propios».

    OS PROXECTOS PARALIZADOS É PRECISAMENTE O QUE DEPENDE DO BNG E DOS 3 ALCALDES

    Moldes advertiu a Bará que son precisamente o BNG e os 3 alcaldes os únicos responsables de paralizar proxectos en Poio, xa que todo o que depende deles está parado en todos os ámbitos.

    En particular, o voceiro popular referiuse aos proxectos de cuxa parálise Bará culpou onte á Xunta: «Menten ou están moi mal asesorados. Saben perfectamente que para facer o vial do Vao, ten que ser primeiro o concello de Poio o que dea unha solución a varias familias do poboado, é exclusivamente a súa responsabilidade», e en relación ao novo Centro de Saúde, Moldes recordou que o BNG leva mentido tanto e amosado tanta covardía que xa non teñen ningunha credibilidade. Mostra diso é que pese a anunciar que o presuposto incluiría unha partida destinada a comprar uns terreos para o centro de saúde « esa partida non aparece por ningún lado».

    «O BNG quere pechar os centros de Saúde de Combarro e Raxó pero levan anos intentando buscar como botarlle a culpa aos demais», explicou Moldes, que recordou que ao longo dos últimos anos demostrouse sobradamante que nin o Bipartito e menos agora os 3 alcaldes son capaces de tomar unha decisión:
    «A Xunta sigue esperando a que alguén goberne en Poio e lles diga o que queren facer: un centro Novo e pechar Anafans, Combarro e Raxo? Ampliar Anafáns e manter os centros actuais? O que está claro é que non son capaces de decidir  ou de xestionare a Xunta está agardando a que abandonen as mentiras e a covardía e tomen unha decisión».

    «RETAMOS AO BNG A QUE PUBLIQUE E COMPARE OS INVESTIMENTOS MILLONARIOS DA XUNTA COS INVESTIMENTOS INEXISTENTES DO CONCELLO DE POIO GOBERNADO POLOS 3 ALCALDES»

    Finalmente, Moldes retou ao BNG, «os 5 concelleiros de 17 que teñen en Poio ou os 6 deputados de 75 que teñen en Galicia» a publicar e comparar os investimentos millonario da Xunta cos investimentos inexistentes orzamentados polo Concello de Poio, e recordou que mentres o último ano a Xunta de Núñez Feijóo destinou varios millóns a atender as demandas dos veciños poñer beirarrúas entre Covelo e Raxó, por exemplo, o Concello de Poio apenas ten investimento «e a partida máis grande, de 200.000 euros, é para pagar facturas metidas no caixón».

    Por todo isto, Moldes lamentou que Bará se preste a desinformar e ir de recadeiro de Lores –o auténtico líder do partido- por concellos como Poio e que o BNG de Poio se preste a ser manexado, o que explica que a formación encabezada por Luciano Sobral leve 7 eleccións consecutivas perdendo, chegando a quedar de 5ª e 6ª forza.

    O popular subliñou que se o Bloque forma parte do goberno dos 3 alcaldes é en virtude dun pacto de perdedores que xa están incumprindo despois de apenas pasados 3 meses, o que demostra que «o BNG perdeu todo interese na veciñanza e Poio e así, como demostran as urnas, os veciños de Poio perderon toda a súa confianza no BNG».

Add comment


Security code
Refresh