Os orzamentos dos 3 alcaldes de Poio para 2020 son «uns presupostos vagos para un goberno vago»

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • Os orzamentos dos 3 alcaldes de Poio para 2020 son «uns presupostos vagos para un goberno vago»

    • O PP critica o proxecto de presupostos dos 3 alcaldes, uns presupostos nos que «baixan os investimentos, suben os soldos e o persoal “a dedo” mentres non hai ningunha partida nin para o Centro de Saúde, nin para un pavillón, o saneamento, o PXOM..., en definitiva, nada para solucionar os problemas reais de Poio».
    • Para Ángel Moldes, o proxecto de presupostos é unha falta de respecto aos veciños, xa que o único do que presumen os 3 alcaldes é de que “o van incumprir” como veñen facendo os últimos 25 anos.
    • Os populares subliñan a débeda cos bancos, de 5.916.531, 26 euros: «É dicir, a metade do presuposto está endebedado e a outra metade xa está comprometido para persoal» e apuntan a que «os números cantan, os 3 alcaldes teñen unha débeda 348 euros por habitante pero só invisten 29 euros por cada veciño de Poio».
    • Acusan a BNG, PSOE e Avante de querer enganar aos veciños dicindo que conxelan os impostos «cando a realidade é que a xente de Poio leva anos pagando algúns dos impostos máis altos de Galicia» e sufrindo unha alta presión fiscal.
    • Recalcan que o capítulo de investimentos se reduce nun 22% con respecto a 2019, e a maior partida son 208.901 euros para pagar “facturas gardadas no caixón”
    • Destacan o fraude de Silvia Díaz, que «viña rexenerar a política municipal e agora é cómplice duns orzamentos iguais que os de 2019, presentados en exclusiva polo BNG e que o propio goberno anuncia que non se cumprirán» e resaltan que o único que sustenta o pacto de perdedores dos 3 alcaldes «é cobrar as nóminas a fin de mes».

     

    Poio, 27 de novembro de 2019. O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, compareceu esta mañá xunto ao responsable de Facenda, o concelleiro Sergio Pereira, para facer unha análise do proxecto de Presupostos dos 3 alcaldes para o próximo exercicio 2020.

    «Cando asinaron o Pacto de Goberno o Sr. Sobral, a Sra. Besada e a Sra Diaz comprometéronse a cambiar a forma de gobernar o noso Concello con transparencia, participación, diálogo, transversalidade e a creación de novas infraestructuras para o Concello», explicou Moldes: «Pois ben, a presentación do Presuposto para o ano que ven, o documento máis importante para unha corporación ven demostrar que incumpliron todas e cada unha das suas promesas».

    Moldes resaltou que BNG, PSOE e Avante Poio elaboraron un presuposto «sen falar con ninguén –nin colectivos veciñais, culturais, deportivos... e moito menos co partido da oposición».

    «O que é máis», resaltou o voceiro popular: «Na propia comisión extraordinaria de Facenda foron incapaces de dar resposta a maioría de preguntas plantexadas». Así, Moldes explicou que na comisión extraordinaria na que se ditaminou o proxecto de orzamentos, os responsables do goberno «foron incapaces de contestar a qué pertencían unhas partidas de subvencións por valor de 84.000 e 129.000 euros que teoricamente son para outorgar por concorrencia competitiva», pero a día de hoxe non sabemos con que area están relacionadas e moito menos cal será a súa forma de reparto ou adxudicación, «xa que os 3 alcaldes confirmaron que non existen nin pensan elaborar unhas bases para facer o reparto das mesmas».

    O que veñen a demostrar estes presupostos, indicou Moldes, é que o goberno encabezado polos 3 alcaldes é «un equipo de goberno vago» e isto tradúcese «nuns presupostos vagos; onde non se recolle ningunha resposta as necesidades históricas de Poio».

    MENTRES BAIXAN OS INVESTIMENTOS, OS 3 ALCALDES SÚBENSE OS SOLDOS E NOMBRAN ASESORES “A DEDO” E NON DESTINAN NADA AOS PROBLEMAS REAIS DE POIO

    O voceiro popular destacou que os orzamentos recollen «CERO EUROS destinados á hipotética solución da construcción da depuradora», o que nos indica que nin os 3 alcaldes conceden ningunha credibilidade á propaganda do PSOE a nivel provincial e nacional: «De feito, a día de hoxe o único que temos é unha fotografía pero polo salón de plenos de Poio ou por Comisión Informativa non pasou nin un só documento».

    Cero euros para compra dos terreos para o futuro centro de Saúde, e cero euros para a construcción dun novo pabillón polo tanto, o anunciado onte en rolda de prensa polo Alcalde e Concelleiro de Facenda son falsas, xa que non aparecen recollidas en ningunha partida do presuposto.

    Fronte a estas partidas que o equipo de goberno anunciou á prensa pero non aparecen nos orzamentos, o que si aparece aínda que eles non o mencionaron é a contratación “a dedo” dun novo asesor para os 3 alcaldes: «É cando menos curioso que o mandato que máis dedicacións exclusivas ten da historia de Poio necesite máis persoal de confianza e contratado a dedo»

    O FRAUDE DE SILVIA DÍAZ, QUE VIÑA A REXENERAR A POLÍTICA MUNICIPAL E AGORA É CÓMPLICE DUNS ORZAMENTOS IGUAIS QUE OS DE 2019, PRESENTADOS EN EXCLUSIVA POLO BNG E QUE O PROPIO GOBERNO ANUNCIA QUE NON SE CUMPRIRÁN

    Por outra banda, os populares lamentaron o “fraude” que está a supoñer a presenza de Silvia Díaz no goberno, xa que despois de ser extremadamente crítica cos orzamentos do ano pasado e presentarse nas eleccións e no pacto de goberno como a persoa que viña rexenerar a política municipal, agora «é cómplice duns orzamentos que o propio goberno recoñece que son iguais que os de 2019, que foron presentados en exclusiva polo BNG e que o mesmo goberno anunciou en rolda de prensa que non se van cumprir».

    «Se os veciños tiñan algunha esperanza de que coa chegada de Silvia ó goberno ían atopar algún cambio, a contestación xa lla deu onte Luciano Sobral cando dixo que son uns orzamentos idénticos aos do 2019», ironizou Moldes, que destacou que «coa chegada de Avante Poio, todo sigue igual: menos investimentos, menos transparencia, menos diálogo e pola contra máis débeda e máis prepotencia xa que resulta irresponsable por parte do concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro presumir de incumprir os seus propios presupostos tal e como veñen facendo nos últimos 25 anos».

    Moldes lamentou a improvisación que desprenden estes orzamentos: «Que poden pensar os veciños de Poio? Que se está a facer cos seus impostos? O presuposto é o documento máis importante dun Concello e este tipo de improvisacións teñen como consecuencia que a día de hoxe en Poio exista unha débeda de 348 euros por habitante fronte a un investimento por habitante de tan só 29 euros. Os números cantan».

    En resumo, este presuposto é un claro reflexo do perigoso que pode ser este pacto de perdedores para o futuro de Poio nos próximos anos. Nada cambiou, senón todo o contrario; «todos os malos vicios que tiña antes o goberno de Chelo e Nito se viron incrementados coa chegada de Silvia».

    Por último, Moldes destacou a incoherencia dos 3 alcaldes: «Fai uns meses presumían de ter un proxecto común, pero a foto da presentación deste documento, un documento que debería conter as liñas mestras de actuación para o 2020 é un claro exemplo da división e da falla de comunicación entre os socios de goberno, xa que só os presentou o BNG. Non sabemos se os demais socios non se atreven a dar a cara con un documento que non hai por onde collelo.

    Sexa como sexa, Moldes resaltou que tanto o texto como todo o que rodea a estes orzamentos “vagos” dun goberno “vago” é un sinal de división, incumprimentos e unha falla total de proxecto compartido: «A día de hoxe o unico que sustenta este goberno dos 3 alcaldes son as nóminas a final de mes».

Add comment


Security code
Refresh