O PP denuncia que o Goberno de Carmela Silva está usando fondos públicos para subvencionar accións políticas contra o Concello de Mos

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP denuncia que o Goberno de Carmela Silva está usando fondos públicos para subvencionar accións políticas contra o Concello de Mos

    • A Deputación de Pontevedra figura como patrocinador no cartel dun festival no que se acusa á administración local mosense de corrupta por poletoza urbanístico.

     

    26, novembro, 2019.- O Partido Popular denunciou esta mañá que o Goberno de Carmela Silva está usando fondos públicos da Deputación de Pontevedra para subvencionar accións políticas contra o Concello de Mos, “ao pagar un concerto no que se di que a administración local mosense é corrupta e que nese concello se fan pelotazos urbanísticos”.

    Diante do Pazo Provincial, a alcaldesa e voceira do PP de Mos, Nidia Arévalo, e os deputados provinciais Jorge Cubela, Pepa Pardo, Carmen Amoedo e Alejandro Lorenzo, esixiron “explicacións claras e contundentes” de Carmela Silva e da deputada socialista de Mos, así como “a asunción de responsabilidades políticas de quen sexan”.

    Para Cubela, “é moi pouco ético e moral que se usen fondos públicos para atacar a un Concello e aos seus veciños. Empregan cartos públicos dos seus propios impostos para patrocinar saldos políticos que acusan de delitos non probados a un goberno e á súa alcaldesa”.

    Con todo, tamén recoñeceu que “lamentablemente estamos acostumados que no Goberno da Deputación confundan o papel das institucións co uso partidista”, e recordou que “é frecuente que usen a institución provincial como plataforma política, e este é un lamentable exemplo máis”. Como exemplos, citou “os cursos de galego para funcionarios nos que se criticaba ao PP, o uso das redes sociais e web institucionais para atacar á Xunta e a concellos con gobernos do PP, ou incluso as roldas de prensa e actos institucionais, nos que Carmela Silva pensa que está na sede do seu partido en lugar da Deputación de Pontevedra”.

    Nidia Arévalo amosou a súa “satisfacción” porque o grupo provincial se faga eco “desta mala noticia”. Así, sinalou que “aínda que xa o denunciamos desde o Concello a semana pasada, hoxe o facemos tamén desde o pazo provincial, porque esta é unha falta de respecto institucional ao Concello de Mos e aos seus 15.000 habitantes”.

    Nesta liña destacou que en maio “votaron democraticamente a un Goberno e a unha alcaldesa, e non se pode permitir que a Deputación insulte ao Concello de Mos. Financiar un concerto que diga que vai contra o pelotazo urbanístico en Mos é meterse e faltar o respecto ao concello e aos veciños. E non o imos permitir. E si temos que tomar accións legais, tomaranse. Hoxe avisamos que non imos permitir ningunha falta de repecto máis”.

    Ademais, Arévalo recordou que “por riba de todo o proxecto da Cidade Deportiva de Mos hai un paraugas que é a legalidade. E si non fose legal, non se podería facer. Igual que en Redondela, Vigo, O Porriño, Ponteareas… os plans xerais se modifican, e cando se modifican é porque a Xunta, o Ministerio de Fomento, e todas as administracións, din que si se pode modificar de acordo á legalidade. E ademais de legal, tamén se trata dun proxecto beneficioso para Mos”.

    O FESTIVAL

    A Deputación figura como colaboradora no cartel do festival celebrado o pasado sábado 16 de novembro na Sala O Rebullón do Centro Social As Pedriñas de Tameiga, organizado pola plataforma A Auga é Vida co fin, supostamente, de financiar as alegacións contra a modificación puntual do PXOM mosense.

    Baixo o título de "Paremos o pelotazo" actuaron os grupos Residuos Atractivas, Os Putos e O Coro do Exército Froilanista, destinando o importe da entrada, según declaraban textualmente dende a plataforma "integramente a sufragar os gastos desta loita veciñal contra o pelotazo urbanístico". As entradas foron cobradas a 6 euros anticipada e a 8 euros en taquilla.

Add comment


Security code
Refresh