O PP DE SILLEDA RECLAMA QUE SE AXILICEN AS OBRAS NO ENTORNO DA RESIDENCIA

Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

  • 1
  • 2
  • 3
  • O PP DE SILLEDA RECLAMA QUE SE AXILICEN AS OBRAS NO ENTORNO DA RESIDENCIA

    • Vial que e un dos principais accesos de Silleda leva pechado o tráfico dende fai máis de catro meses.
    • Para os populares o lento ritmo que levan as obras debense os escasos medios que se destinan para a súa execución “Durante semanas ou non había ninguén,ou tan só había un par de operarios na obra.”
    • A deficiente sinalización perxudica a actividade da residencia e do hotel así como doutros servizos que se encontran nesta zona.
    • voceiro do Partido Popular pidelle o Concello que deixe de mirar para outra lado e que tomen medidas para que esta situación remate canto antes.

     

    Silleda, 26 de outubro de 2019.- O Partido Popular de Silleda reclamou que se axilicen as obras no entorno da residencia, xa que veñenlle causando importantes trastornos tanto os veciños e a xente que se achega ata a nosa vila, como os distintos servizos que se atopan nesta zona.

    Dende o Partido Popular sinalaron que as obras levan activas alomenos dende fai máis de catro meses, momento no que se pechou o tráfico un dos principais viais que dan acceso a vila de Silleda, e que è moi utilizado polos veciños da parroquia de Ponte. Este e tamén un dos viais máis utilizados por todos aqueles veciños que se achegan ata o recinto feiral, ou que se desprazan a Vila de Cruces ou para enlazar coa autopista, polo que non se entende que se peche deste xeito durante tanto tempo.

    O voceiro do Partido Popular sinalou que “Non é razoable que dende as administracións se lle permita a adxudicataria manter cortado durante tempo un vial tan importante para os veciños do noso Concello, sobre todo cando as obras que están proxectadas non se limitan so a este vial, nin son de unha envergadura que xustifique este período de tempo para levalas a cabo.”

    Para os populares o lento ritmo que levan as obras debense os escasos medios que se destinan para a súa execución “Vimos como durante semanas ou non había prácticamente ninguén na obra,ou tan só había un par de operarios, o que nos parece unha tomadura de pelo. Se non ían axilizar as obras o menos que podían era non manter o vial cortado, xa que o único que fixeron foi crearlle un trastorno os veciños e os visitantes que se achegan a nosa vila que se podía evitar perfectamente.”

    Ademáis sinalaron que “Este fin de semana estanse achegando moitos visitantes o noso Concello co motivo da celebración da feira Expo Bus, e nas próximas semanas celebraranse probas selectivas no recinto feiral, e a imaxe que se levan non e a mías axeitada, sobre todo por que ademáis das obras, cando entran ou saen do recinto feiral, toda a iluminación se encontra apagada, o que ademáis de supoñer un perigo da moi mala imaxe do noso Concello.”

    Os populares criticaron tamén a sinalización da obra, “Como noutras obras vimos que a sinalización era moi deficiente o que unido o mal tempo e as poucas horas de luz que temos nesta época fai que o entorno de esta obra se volva moi perigoso. Temos que ter en conta que ademáis da propia actividades que se desenvolve na residencia polo que frecuentemente teñen que acceder vehículos sanitarios, no propio hotel tamén se desenvolven actividades extraescolares, o que fai que moitos país e nenos teñan que transitar por esta zona en horas nas que non hai ningún tipo de iluminación nin sinalización.”

    O voceiro popular valorou que “O peor e que todo isto pasa ante a pasividade do goberno municipal que como noutras ocasions prefire mirar por outro lado. Estamos pendentes de poder revisar o expediente completo desta obra pero reclamamoslle o señor Cuíña que se tomen medidas de maneira inmediata, e que se reclame da Diputación que lle de unha solución canto antes para que se poda reabrir este vial a maior brevidade así como melloras na sinalización da obra.”

Add comment


Security code
Refresh